lunes, 14 de diciembre de 2009

Fortes críticas en Vigo pola falta de adaptación dos cines da localidade

En Vigo estase a producir unha situación de discriminación evidente. Trátase de algo tan sinxelo como poder ir o cine ou tomar unha copa nun local de moda.

Pois ben. Un bo número de cidadáns non o poden facer. Non poden disfrutar dun estreo ou dunha película calquera polo único motivo de ter algunha discapacidade.

A Confederación Gallega de Personas con Discapacidad (COGAMI) denunciou nas últimas horas que as salas de cine de Vigo son inaccesibles, así como tamén o son deceas de locais nocturnos.

No caso das salas de cine, éstas carecen de rampas de acceso ou plataformas para subir ata o fondo da sala ou situar unha cadeira de rodas. Teñen que conformarse coa primeira fila ou cos laterais. Só os cines da plaza Elíptica reservaban espacio entre as columnas de butacas para a instalacións de muletas ou cadeiras de rodas. Pero agora estos cines pecharon as súas portas.

Pero a discapacidade non teñe por qué ser somente física. As persoas con problemas auditivos tamén carecen de programación con subtítulos e aínda que dende a Asociación de Persoas Sordas de Vigo se intentou negociar cos donos dos cines a instalación de sesións en versión orixinal con subtítulos en español, foi imposible que a iniciativa saíra adiante. Simplemente, non era rentable. E o mesmo lles pasa cando falamos de teatro. Non hai intérpretes.

E o mesmo sucede coas discapacidades intelectuais. Teñen que selos propios colectivos os que poñan en marcha actividades para persoas con enfermedades mentais, por exemplo. Así o fai Feafes Galicia (Federación de Asociaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental de Galicia),responsable de diversos programas de ocio e deporte tanto en Santiago, como na Coruña, Lugo e Vigo.

O certo é que moi poucas veces reparamos nos problemas que estas persoas teñen para poder facer algo tan sinxelo como acudir ao cine ou ver unha boa obra de teatro. Unha necesidade de concienciación que xa é hora de que comece a ser unha realidade.