jueves, 17 de diciembre de 2009

Médicos sin Fronteras lanza unha nova Campaña de

Desde Médicos sin Fronteras acábase de lanzar unha nova Campaña de
Sensibilización "Enfermos Olvidados".

Durante todo o ano 2010 queremos informar á sociedade Galega da realidade
de millóns de persoas que padecen algunha das chamadas Enfermedades
Esquecidas.

Imos a centrarnos en 6 destas enfermidades que MSF trata diariamente: O
Chagas, Kala Azar, Malaria, Enfermidade do sono, Tuberculose e Sida
Pediátrico.

Todas elas teñen diferencias clínicas, cada unha é causada por un parásito
ou virus diferente, as súas consecuencias non son iguais,..... Sen embargo
todas teñen en común que se cobran a vida de 8.000 persoas cada día.
Persoas pobres que viven nos países en vías de desenvolvemento e que non
interesan nen aos gobernos, nen á Comunidade Internacional, nen ás
farmacéuticas, nen aos medios de comunicación.

Por iso desde Médicos sin Fronteras queremos realizar un chamamento para
evitar que anualmente morran 3 millóns de persoas que están esperando un
tratamento para algunha destas 6 enfermidades que teñen curan.

Pedimos que os gobernos, os institutos de investigación e as farmacéuticas
empecen a invertir máis recursos para mellorar a I+D destas enfermidades,
conseguir probas de diagnóstico axeitadas e adaptadas ás realidades dos
países en vías de desenvolvemento, novos tratamentos eficaces, non tóxico,
asequibles e apatados e probas de curación.

Non podemos seguir permitindo que estas persoas esquecidas sigan morrendo
por falta de vontade política. Por iso, pedimos a túa axuda para difundir a
súa realidade.

Porque a peor enfermidade é o NOSO OLVIDO.