sábado, 19 de diciembre de 2009

MSF fai un chamamento aos gobernos europeos para que protexan a vida e dignidades dos inmigrantes


Os solicitantes de asilo e os inmigrantes indocumentados pagan oAñadir imagen prezo das cada vez máis restritivas políticas de inmigración, unhas políticas que afectan directamente a súa saúde física e mental.

Escapando de conflitos, a indixencia ou situacións de violacións xeneralizadas dos dereitos humanos, os inmigrantes se embarcan en perigosos e longas viaxes a Europa. Sen embargo, cando finalmente chegan ao seu destino, moitos atópanse con detencións prolongadas, terribles condicións de vida e falta de acceso á atención da saúde. Outros quedan atrapados ás portas de Europa ou son interceptados e devoltos a países onde as súas vidas e a súa saúde poden estar en perigo.

Con ocasión do Día Internacional do Inmigrante, a organización humanitaria Médicos Sin Fronteras (MSF) urxe aos políticos de toda Europa a que protexan a vida e a dignidade dos inmigrantes e solicitantes de asilo e faciliten o seu acceso aos servizos básicos, incluíndo o abrigo e a atención de saúde.

Os equipos de MSF asisten a inmigrantes e solicitantes de asilo nas diferentes etapas da súa viaxe. En países de orixe como Somalia, Afganistán, República Democrática do Congo e Nixeria, MSF trata as consecuencias da violencia e a indixencia. En Marrocos, Grecia, Malta, Italia e Francia, os equipos de MSF proporcionan atención médica e psicolóxica aos que sobreviviron á viaxe; moitos inmigrantes e solicitantes de asilo, tras soportar perigosas travesías polo deserto e por mar, son obxecto de actos de violencia e abusos, son encarcelados e explotados ou caen presas de traficantes e contrabandistas. O número de menores non acompañados e mulleres, moitas delas embarazadas, que emprende estass viaxes é cada vez maior.

As políticas de control nas fronteiras impostas pola Unión Europea (UE) ou os estados membros de forma individual deixan a moitos inmigrantes indocumentados e solicitantes de asilo atrapados ás portas de Europa durante longos periodos de tempo ou lles obligan a regresar aos seus países de orixe. En Marrocos, os inmigrantes e solicitantes de asilo que intentan entrar na UE viven a miudo en precarias condicións e son vítimas da violencia e a explotación. Entre 2003 e 2009, os equipos de MSF en Marrocos responderon a 4.000 casos de violencia.

En Italia, MSF veuse obrigada a retirar ao seu equipo de Lampedusa tras o marcado descenso de inmigrantes e solicitantes de asilo que chegaban á illa. Desde que o goberno italiano impuso políticas de inmigración máis duras a principios do ano, as embarcacións con inmigrantes e solicitantes de asilo son interceptadas no mar e devoltas a Libia, expoñendo a estas persoas de novo á violencia que soportan cando intentan chegar a Europa.

Os inmigrantes e solicitantes de asilo que consiguen chegar a Europa adoitan ter que facer fronte a detencións sistemáticas e prolongadas en condicións terribles. A pesar do grave impacto que isto ten sobre a saúde física e mental, o seu acceso á atención de saúde é limitado e o apoio psicolóxico adoita ser inexistente. En Grecia e Malta, o traballo de MSF nos centros de detención para inmigrantes indocumentados e solicitantes de asilo revelou elevadas tasas de depresión, ansiedade e estrés postraumático.

“Nos centros de detención, atopamos unhas condicións de hixiene terribles e unhas persoas hacinadas. Ademáis, resulta moi frustrante para os inmigrantes o feito de estar detido sen ter cometido ningún delito e a incertidume sobre o seu futuro,” declara Christos Papaioannou, coordinador de terreo de MSF en Grecia.

Unha vez terminado o periodo de detención, as perspectivas son deprimentes para moitos e o acceso á atención sanitaria segue sendo incerto. Incluso cando a atención de saúde está dispoñible, as barreiras do idioma, a falla de información e o medo a ser denunciados disuaden aos inmigrantes de buscar axuda. En Francia, MSF proporciona apoio psicolóxico a solicitantes de asilo que non foron admitidos.

Moitos padecen graves trastornos psicolóxicos como resultado da violencia ou a persecución nos seus países de orixe, da dura viaxe e da falla de vivenda en Francia. Desde 2007, MSF realizou máis de 7.000 consultas en París – a metade destas implicaban atención psicolóxica.

“A nosa experiencia de traballo nas diferentes etapas da súa viaxe nos axuda a comprender o seu prolongado sufrimento. Estas persoas tan vulnerables emprenden viaxes moi difíciles nos que adoitan ter que facer fronte a situacións de violencia e abusos. Cando finalmente chegan a Europa, esperando que isto supoña o fin de toda unha serie de incidentes traumáticos, atópanse con detencións, horribles condicións de vida, un acceso limitado á atención de saúde e exclusión da sociedade. É primordial que as políticas de inmigración en Europa protexan a vida e a dignidade destas persoas e melloren o seu acceso á atención médica, incluíndo apoio psicolóxico”, conclúe Liesbeth Schockaert, asesora de asuntos humanitarios de MSF.