miércoles, 23 de diciembre de 2009

A Unesco informa favorablemente sobre a creación dunha cátedra de Cultura de Paz e Dereitos Humanos na USC

En carta remitida polo departamento da UNESCO (París), que dirixe Dª Sonia Bahri, responsable da sección de cooperación internacional para o ensino superior, a D. Ramón Sánchez Rodríguez, como Director da proposta de Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC e a D. Manuel Dios Diz, Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, promotor da iniciativa, se informa favorablemente do proxecto de creación da citada Cátedra na Universidade de Santiago de Compostela, un proxecto presentado conxuntamente polo Seminario Galego de Educación para a Paz e a Fundación Cultura de Paz que preside D. Federico Mayor Zaragoza.

A UNESCO anunciou telefonicamente o envío inmediato ó Reitor, D. Senén Barro, dun proxecto de Convenio Marco de Colaboración para proceder á creación oficial e a súa sinatura.

O proxecto de Cátedra UNESCO foi presentado e autorizado pola Xunta de Goberno da USC logo de que D. Federico Mayor Zaragoza e D. Manuel Dios o ultimaran co Reitor, D. Senen Barro, o pasado día 19 de Xuño.