viernes, 8 de enero de 2010

A auga do transvasamento chegará este fin de semana ás Táboas de Daimiel

A auga procedente do Acueduto Texo-Segura chegará "no ámbito deste fin de semana" ao Parque Nacional das Táboas de Daimiel (Ciudad Real).

As mesmas fontes precisaron que a chegada da auga é resultado do período de probas que comezou este luns "a conta dos 20 hectómetros cúbicos aprobados en Consello de Ministros" para salvar o Parque Nacional.

O custo destas obras de emerxencia é de 1,5 millóns de euros e están a ser executadas pola Dirección Xeral da Auga e a Confederación Hidrográfica do Guadiana.

A auga, que percorre o seu camiño a través da denominada 'Canalización Manchega', pretende paliar a situación de emerxencia que atravesa esta paraxe natural como consecuencia do lume de turba que se estaba a producir dende agosto, no contexto dunha situación de seca de catro anos.