Máis de cen persoas morren ou resultan feridas cada ano en Chad como consecuencia da explosión de proxectís de artillaría ou minas terrestres, segundo informou o Centro Nacional de Desminado (CND) do Goberno, citado pola axencia humanitaria de noticias da ONU, IRIN.
Máis da metade dos nove millóns de habitantes de Chad viven preto de lugares potencialmente contaminados con proxectís de artillaría ou minas terrestres sen estoupar, segundo informou o CND, un organismo do Estado que asumiu a tarefa de dar asistencia ás vítimas a pesar das súas graves carencias funancieras, tal como recoñeceu o seu asesor técnico, Assane Nguedoum.
A falta de fondos e de experiencia de traballo do CND tamén foi destacada pola organización no Hándicap International, que no seu informe de 2009 revela que o 74 por cento das persoas afectadas no país non recibiron "nunca" axudas económicas do Goberno para a súa rehabilitación e que o 42 por cento das que si as recibiron viron como estas axudas se estancaron e mesmo se deteriorou dende 2005. As porcentaxes son similares no referente ás axudas psicolóxicas.
Nguedoum declarou a IRIN que o Goberno adoptou algunhas medidas, como a aprobación en maio de 2007 dunha lei para a protección das vítimas das minas ou a distribución de axudas médicas gratuítas e equipos de rehabilitación e triciclos para discapacitados financiados polo Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF).
Á parte, o Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) achegou entre 2008 e 2009 ao redor de 60.000 dólares anuais para aparatos ortopédicos. Os Presupostos do Estado de 2009 asignaron 1,7 millóns de dólares para os gastos operativos e os salarios do persoal da CND, segundo o último informe do centro, de febreiro de 2009.