Os equipos de Médicos Sin Fronteras (MSF) en Porto Príncipe céntranse agora en ampliar a súa capacidade cirúrxica. Dous quirófanos están a traballar para atender a 300 pacientes que foron transferidos á estrutura de MSF no hospital Choscal, no distrito de Cité Soleil. "Miles de persoas necesitan operacións cirúrxicas inmediatas e esperan nas nosas estruturas", afirma dende a capital de Haití, Stephano Zannini, coordinador xeral de MSF no país. "As feridas máis frecuentes son fracturas abertas e tamén hai feridos con queimaduras".
O resto do persoal médico segue asistindo ás centos de persoas que requiren primeiros auxilios e atención máis básica nas súas outras clínicas. Todo o material que non resultou danado na maternidade Solidarité ten traslado a Choscal. O persoal traballa contra o reloxo porque hai que intervir rapidamente as feridas infectadas. Un hospital de campaña, con quirófano, así como máis cirurxiáns especializados, están de camiño. Non obstante, hai serias dificultades de acceso e transporte que atrasan a chegada do persoal por aire e estrada.
Nestes momentos, continúase prestando atención médica en tendas de campaña fronte ao que era o hospital de Trinité e o centro de rehabilitación de Pacot. Aquí recibiron atención médica máis de 1.000 pacientes, aínda que en total xa se trataron a máis de 2.000. "As prioridades médicas son: seleccionar ás persoas que necesitan atención máis urxente, estabilizar os feridos e referir segundo as necesidades cirúrxicas", explica o Dr. Mego Terzian, responsable da Unidade de Emerxencia. "Os cadáveres representan un problema médico porque son un factor estresante para os superviventes. Pero neste contexto, como a causa da morte non foi un factor infeccioso, hai risco de epidemias relacionadas cos cadáveres".
Os principais problemas neste momento están relacionados coas subministracións básicas e o acceso ao transporte. A comida empeza a escasear e a falta de auga é unha preocupación importante. MSF proporcionará auga potable ao hospital Choscal para os pacientes e as persoas próximas.
As necesidades na cidade son abafadoras e os equipos de MSF están a recibir informes de importantes danos en pequenas cidades próximas á capital. Os equipos están a tratar de visitar estas zonas para avaliar como organizar a axuda. Tamén se están a planear intervencións con clínicas móbiles. Outra prioridade para MSF é restablecer os servizos de atención obstétrica. Ademais neste tipo de desastres, a saúde mental é outro dos ámbitos onde é necesario traballar.
MSF conseguiu que dous avións cargo aterrasen directamente no aeroporto de Porto Príncipe, outros tiveron que ir ao veciño Santo Domingo, a miúdo pola falta de combustible para aviación en Haití. Dende Santo Domingo, o persoal e material deberá chegar por terra. Ao final de día de hoxe, espérase que 25 traballadores máis se unan ao equipo de 800 persoas que xa traballaba con MSF en Porto Príncipe antes do terremoto. En total, máis de 100 traballadores internacionais están a chegar ao longo destes días a Haití.