O persoal de cirurxía de Médicos Sin Fronteras (MSF) estivo a levar a cabo unha media de 130 operacións ao día durante as últimas xornadas, e este número aumentará unha vez que empecen a funcionar os equipos que non puideron aterrar en Porto Príncipe nos pasados días. A día de hoxe, xa hai nove quirófanos operativos e os equipos de loxística apresúranse para establecer outros novos e rehabilitar as estruturas médicas que foron danadas.
A pesar da forte sacudida que sufriu Haití onte pola mañá, os equipos de MSF estiveron a traballar durante toda a xornada para tratar de reducir o enorme número de pacientes que se encontran á espera de tratamento e cirurxía. No hospital Choscal, que dispón de dous quirófanos que estiveron funcionado as 24 horas do día, os pacientes estaban tan alarmados polos tremores que tiveron que ser evacuados do edificio unha vez máis, e ser instalados temporalmente en tendas de campaña.
Os catro equipos de cirurxiáns que traballan no hospital fóronse alternando ao longo do día para poder atender aos pacientes máis graves.
No hospital do distrito de Carrefour, os equipos de MSF comezaron a dar apoio psicolóxico aos pacientes que sufriron amputacións e ás súas familias. Os pacientes que sufriron queimaduras graves xa comezaron a recibir fisioterapia dentro do programa coidados post-operatorios intensivos, mentres que o tratamento de diálise para aqueles que sufriron esmagamento estase a levar a cabo no Hospital Xeral. Durante todos estes días estanse a facer probas para identificar aos pacientes que teñen lesións por esmagamento, xa que necesitan recibir esta terapia intensiva o antes posible.
Sete dos nove quirófanos encóntranse nos hospitais de Choscal, Trinité, Carrefour e Chancerelle, en Porto Príncipe, e os outros dous están en Léogane, ao oeste da capital. Nuns quirófanos máis pequenos instalados nos hospitais Trinité e Pacot, estanse a levar a cabo distintos procedementos cirúrxicos menores, como son a cura e limpeza de feridas xa tratadas.
Nos próximos días abriranse novos quirófanos en Porto Príncipe, así como en Léogane e en Grand-Goâve. O hospital inflable con dous quirófanos e 100 camas que tantos problemas tivo para chegar á capital haitiana, está a ser por fin despregado e debería empezar a funcionar mañá venres.
Dende que o pasado día 12 se producise o terremoto, os equipos de MSF, que están integrados por máis de 850 traballadores, trataron uns 5.000 pacientes e levaron a cabo ao redor de 1.000 operacións cirúrxicas.
Algúns traballadores de MSF pereceron no terremoto; outros continúan desaparecidos. E a maioría puxo en risco a súa propia vida por atender aos feridos. Os traballadores haitianos de MSF traballan arreo a pesar de que moitos perderon os seus seres queridos.
Marie-Christine Ferir, unha das coordinadoras de emerxencia de MSF, apunta que a situación xeral segue sendo moi difícil e os feridos na cidade levan esperando demasiado tempo para recibir axuda. "Os hospitais que permanecen en pé están abarrotados. Aínda que hai un lixeiro aumento da capacidade cirúrxica en Porto Príncipe, coa ampliación de actividades por parte de MSF e outras organización que están a chegar, aínda se está moi lonxe de absorber o gran número de pacientes que necesitan cirurxía urxente. Tivemos que centrarnos nos pacientes con lesións máis graves para os que a cirurxía é o único modo de salvarlles a vida".
Novas imaxes de terreo (5mn), relativas á instalación do hospital inflable en o Colexio Saint-Louis de Porto Príncipe (con capacidade para 100 pacientes, e que conta con dous quirófanos, unidade de raios X, etc).