O podólogo vilagarciano Patricio Serqueira voltará a participar en maio de 2010 nunha misión humanitaria no Salvador xunto ao grupo "Cirujanos del Pie", do que forma parte.
Xunto a outros compañeiros como Serqueira, Luke Cicchineli (EUA), David Cid (Vigo) e Rafael Liébana (Palencia) estarán dez días operando entre 5 e 7 nenos diarios no hospital de Zacatecoluca.
Os catro membros desta agrupación traballarán xunto a algúns dos mellores podólogos do mundo, en concreto cos do instituto norteamericano de Arizona, que levan xa case vinte anos facendo este tipo de campañas humanitarias nas que operan a nenos sen recursos con graves patoloxías e deformidades.
As cirugías duran entre dous e catro horas, algunhas chegan ata as seis.
Algúns dos pacientes camiñan ata cen quilómetros dende as súas aldeas das montañas para poder operarse, xa que esta é a única oportunidade que terán de que a súa doenza sexa atendida gratuitamente por especialistas.