domingo, 28 de febrero de 2010

Portos de Galicia redactou un programa de accesibilidade nos portos náutico recreativos para persoas discapacitadas

Portos de Galicia presentou o “Plan de Accesibilidade para os portos náutico recreativos de Portos de Galicia. Concreción de medidas de aplicación xeral nos portos” en desenvolvemento do eixo “Naútica e cohesión social” do proxecto NEA 2. A xuntanza tivo lugar na localidade portuguesa de Figueira da Foz dentro da V Reunión transnacional de coordinación do proxecto NEA 2 (INTERREG IV B Espacio Atlántico).

O obxectivo é facer das instalacións para a práctica da náutica recreativa do porto, incluíndo zonas de desembarco de pasaxeiros en peiraos, zonas accesibles as persoas con algún tipo de discapacidade.

Estas medidas serán tidas en contan na execución das futuras obras a desenvolver por Portos de Galicia e nas instalacións para a náutica recreativa xa executadas. Con este fin, o “Plan de Accesibilidade. Concreción de medidas de aplicación xeral nos portos” pretende converter a accesibilidade nun concepto fundamental da liña estratéxica de Portos de Galicia de facer os entornos portuarios e a práctica dos deportes náuticos accesible a todas as persoas.

O Plan de accesibilidade para os portos náutico recreativos recolle as medidas necesarias para facer das instalacións para a práctica da naútica recreativa, lugares accesibles para persoas que presentan algún tipo de discapacidade. Os elementos principais que aborda este plan son a creación de prazas adaptadas para vehículos, a comunicación cos edificios no que se refire a medidas que inciden particularmente nas beirarrúas e nos vaos e pasos de peóns, ademais do acceso as instalacións e a posibilidade de acceder ao edificio en cadeira de rodas e sen auxilio de terceiras persoas.

Tamén foron presentadas medidas cara o interior das instalación, como son a posibilidade de desprazamento en cadeira de rodas por ramplas e ascensores axeitados e aseos adaptados e con posibilidade de manipulación operativa, entre outros. Finalmente no medio acuático destacaronse as especificacións a cumprir nun número limitado estruturas en pantaláns así como, itinerarios accesibles, con rampla de acceso a embarcacións o mesmo nivel que o punto de embarque e con pendentes máximas e varandas.

O ente público Portos de Galicia participa, coma socio, no proxecto NEA II (Nautisme Espace Atlantique II), proxecto liderado polo Consello Rexional da Bretaña francesa que vense de aprobar na primeira convocatoria aberta do programa INTERREG IV B Espacio Atlántico. En NEA II participan un total de 24 socios procedentes dos territorios de: Baixa Normandia, País do Loira e Bretaña francesa (Francia), Galicia e Andalucía (España), Norte de Portugal e Centro de Portugal (Portugal), Cornwall, Devon e Irlanda do Norte (Reino Unido) e Irlanda.

miércoles, 24 de febrero de 2010

Próximo 'apagón' contra o cambio climático

A organización ecoloxista WWF convocou este martes máis de mil millóns de persoas de 6.000 cidades de todo o mundo para que apaguen as luces o próximo 27 de marzo para loitar contra o cambio climático, nunha nova edición da súa campaña de mobilización global 'A Hora do Planeta'.

Para conseguir os seus obxectivos, WWF pide nun comunicado o apoio dos cidadáns, pero tamén de concellos, empresas, colexios, universidades, medios de comunicación e outras organizacións que queiran unirse a este evento global.

En 2009 foron 4.159 cidades de 88 países as que apagaron as luces dos seus monumentos máis representativos como símbolo do seu compromiso. Con estas cifras, WWF multiplicou por catro o seu obxectivo inicial e logrou que máis de 1.000 millóns de persoas se sumasen á iniciativa, o que supón case a sexta parte da poboación mundial.

En España tamén se escureceron os edificios máis emblemáticos como a Porta de Alcalá, en Madrid; a Sagrada Familia, en Barcelona; a Giralda, en Sevilla; o Acueduto de Segovia e a Mesquita de Córdoba. Así, 200 cidades de todo o país, pertencentes ás 52 capitais de provincia, participaron o ano pasado en La Hora del Planeta.

A iniciativa naceu en 2007 en Sidney, Australia, onde máis de 2,2 millóns de fogares e empresas apagaron as luces durante unha hora e un ano despois, a campaña implicou 370 cidades de máis de 35 países pasando a ser un movemento global pola sostibilidade. En 2008 sumáronse edificios e monumentos tan emblemáticos como o edificio de Times Square en Nova York; a ponte de Golden Gate en San Francisco (EUA); o Coliseo de Roma e o Hotel Jumeirah de Dubai.

"Este ano volvemos convocar La Hora del Planeta porque estamos seguros de que, se actuamos xuntos, aínda estamos a tempo de evitar que a temperatura global supere os temidos 2º C", explicou o secretario xeral de WWF España, Juan Carlos del Olmo. Ademais, sinalou que esperan que esta campaña "contribúa a lograr que no Cumio do Clima de finais de ano en México se consiga o acordo que o mundo necesita, ambicioso, xusto e legalmente vinculante".

A ONG Amarante abre unha nova 'Xanela o Sur' para fomentar o voluntariado

O programa Xanela Aberta ao Sur que desenvolve a organización Amarante ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación galega sobre as causas da pobreza e os impactos das desigualdes entre o Sur e o Norte Global. Esta será a 11ª edición do programa polo que xa levan pasado unhas 900 persoas, das que visitaron países do Sur case 200.

O programa desenvólvese en tres fases diferenciadas: FORMACIÓN, VIAXES E AVALIACIÓN-DIFUSIÓN. O primeiro paso do Xanela son as xornadas de formación que no decorrir do anos aumentaron de dúas sesións ás catro sesións actuais. Estas xornadas están adicadas ó traballo en grupo e ó achegamento teórico a conceptos relacionados coa cooperación e a solidariedade, como poden ser a Soberanía Alimentar, O comercio Xusto ou a denuncia das políticas económicas internacionais.

Ata o 25 de marzo poderán inscribirse todas aquelas persoas que desexan formarse en cooperación e visitar un proxecto en Brasil, Ecuador ou Marrocos.

viernes, 19 de febrero de 2010

MSF alerta das necesidades en Haití superado o mes do seismo

Nun mes, MSF fixo chegar a Haití máis de 1.400 toneladas de material e tratou a máis de 18.200 pacientes. Aínda que a axuda internacional non cesa de chegar, as necesidades son tan grandes que moitas persoas non recibiron aínda tendas e artigos de hixiene e non dispón de acceso a fontes de auga potable nin aos servizos sanitarios.

Christophe Fournier “É difícil de crer que, catro semanas despois do desastre, haxa tanta xente vivindo baixo unha simple saba en campos improvisados ou en cálea. Estamos distribuíndo tendas, utensilios de cociña e artigos de hixiene alá onde podemos, pero o noso traballo está sobre todo centrado na atención médica.

En MSF están realmente preocupados pola chegada da estación de chuvias, pois moitas desas persoas que non dispón dun refuxio onde vivir, chegarán ata os nosos hospitais con diarreas ou enfermidades respiratorias, así que probablemente teremos que enfrontarnos a novas urxencias médicas”, explica Christophe Fournier, presidente internacional de MSF.

Ademais, e aínda que en ningún momento deixaron de ser atendidos, éstáse tratando de volver ofrecer o mesmo nivel de atención aos pacientes crónicos que necesitan seguir un tratamento e ás nais que presentan embarazos ou partos complicados. “A taxa de mortalidade materna en Haití antes do terremoto xa era catro veces superiores á de América Latina e 50 veces superiores á de Estados Unidos e O canadá.

A organización atendía de maneira gratuíta unha media de 14.000 partos ao ano. Ese dato pode servir de mostra da importancia que ten o poder volver prestar estes servizos con normalidade”, comenta Stefano Zaninni, coordinador xeral de MSF en Haití.

lunes, 15 de febrero de 2010

Terremoto en Haití: Amigos da Terra

O 12 de xaneiro de 2010, produciuse un terremoto de magnitude 7,0 en Haití con varias réplicas fortes. Máis de 200.000 mil persoas morreron e un millón quedaron sen fogar. Amigos da Terra Haití (Haiti Survie) está a colaborar nos esforzos de axuda e necesitamos o teu apoio.

Amigos da Terra Haití desempeña un papel fundamental na sociedade haitiana, e máis amplamente na rexión do Caribe. Realiza un traballo moi valioso en soberanía alimentaria, deforestación e desertización, adaptación ao cambio climático e finanzas internacionais.

Tras o terremoto o seu traballo centrouse no esforzo de axuda inmediato. Xunto con outras organizacións no locais, administran clínicas móbiles para axudar aos enfermos ou feridos, e distribuír alimento, auga e outros insumos esenciais.

Asistencia médica


O grupo estableceu tres clínicas móbiles que están a ser administradas por 45 médicos e enfermeiros haitianos - moitos dos cales regresaron dende Estados Unidos. Os médicos axudaron máis de 1.600 persoas nas tres semanas dende que aconteceu o terremoto. Das persoas que recibiron asistencia, máis de dous terzos eran mulleres e nenos.

Ademais de tratar as feridas, o equipo tamén tratou moitas afeccións relacionadas coas actuais condicións nas que está a vivir a xente, como gripe, pneumonía e diarrea. A maioría dos casos foron tratados nas clínicas. Tres casos graves foron trasladados a un hospital mellor equipado.

O grupo prevé abrir unha clínica móbil rural nos próximos días.

Axuda alimentaria

Amigos da Terra Haití proporcionou alimentos a máis de 700 familias cunha media de cinco persoas por familia. Os alimentos que están a ser distribuídos, que son producidos localmente dentro do posible, consisten en arroz, nichelas, aceite, sal, peixe seco e leite para os nenos.

Moitas familias están a vivir en campamentos ao aire libre onde viven baixo sabas con moi pouca protección do exterior. En cada campamento creáronse comités e os membros preparan os alimentos.

Distribución de auga

Durante as dúas últimas semanas o grupo distribuíu ao redor de 8.000 litros de auga potable en tres campamentos e ao redor de 20.000 litros de auga para responder ás necesidades de hixiene e domésticas.

Ademais, está prevista a instalación de tanques de auga potable nos campamentos que debería concretarse en dúas semanas.

Outro tipo de axuda

Amigos da Terra Haití distribuíu kits de hixiene ás familias nos campamentos e un total de 40 toldos para protexelos do clima. O terremoto deixou máis dun millón de persoas sen fogar e o aprovisionamento e distribución das carpas é unha prioridade antes da estación chuviosa en marzo.

O traballo de Amigos da Terra Haití

O grupo continúa fortalecendo o seu traballo principal. Isto inclúe, axuda para que os pequenos produtores se recompoñan nas zonas rurais danadas e aumenten a dispoñibilidade de alimentos producidos localmente no país.

Todos os esforzos de axuda de Amigos da Terra Haití son realizados en coordinación con socios para reducir custos e evitar duplicar as tarefas.

Fai unha doazón

Por favor considera facer unha doazón hoxe para axudar a Amigos da Terra Haití na súa resposta de emerxencia á situación e os esforzos de reconstrución.

domingo, 14 de febrero de 2010

Ecos do Sur recibe un 10% máis de emigrantes con permiso de traballo que demandan emprego


A ONGd Ecos do Sur, tras analizar as demandas das persoas emigrantes (inmigrantes e retornados) residentes en Galicia que se achegan por primeira vez á entidade, detecta que o colectivo se encontra nunha situación de vulnerabilidade en comparación co ano anterior.

Como resultado das crises económicas, as persoas que se encontran nunha posición social menos acomodada, sofren as primeiras consecuencias, pasando a ter cada vez maiores riscos e polo tanto necesitando máis apoios para lograr unha estabilidade.

No caso das persoas emigrantes que acoden a Ecos do Sur, as cifras demostran esta situación, posto que se incrementou nun 10% o número de persoas con permiso de traballo que carecen de emprego (pasando do 52,7% do 2008, ao 62,8% en 2009), xa que non o encontran a través das canles habituais (que sería o máis común ao ter permiso).

A pesar de que durante o ano 2009 o número de persoas que acoden á organización, por primeira vez, diminuíu en termos absolutos (pasando de 1.461 a 1.072), aumentou o número de persoas que demandan emprego (85%), fronte a calquera outra demanda como asesoramento xurídico (35%) para a obtención de permisos, ou asesoramento social (15%) para acceder a axudas sociais.

Ecos do Sur atende ás persoas emigrantes que acoden por primeira vez á entidade a través do proceso de acollida, no que fundamentalmente se detectan as necesidades das persoas que acoden por vez primeira á ONGd, derivándose aos servizos, tanto internos como externos, que poidan resolver as súas necesidades. Este proceso realízase no Servizo de Orientación Laboral ao Inmigrante da entidade, certificado por AENOR segundo a ISO 9001:2008 do Sistema de Xestión de Calidade dende o ano 2008

Haití: Novas necesidades urxentes un mes despois do terremoto

Despois da carreira contra o reloxo das primeiras semanas para atender a todos aqueles pacientes que necesitaban ser operados para salvar a súa vida, os equipos de Médicos Sin Fronteras (MSF) en Haití están a afrontar novas necesidades urxentes.

Aínda que o ritmo de traballo nos quirófanos segue sendo moi intenso, na actualidade hai miles de persoas que requiren atención post-operatoria, incluíndo coidados de rehabilitación, fisioterapia e saúde mental. Ademais, preocupa moito a situación dos centos de miles de persoas que un mes despois do terremoto seguen vivindo en condicións de amoreamento e insalubridade en campamentos improvisados ou na rúa, especialmente coa estación de chuvias que se vai achegando.

Un mes despois do desastre, moitas persoas non recibiron aínda tendas e artigos de hixiene e non dispoñen de acceso a fontes de auga potable nin aos servizos sanitarios. "É difícil de crer que, catro semanas despois do desastre, haxa tanta xente vivindo baixo unha simple saba en campos improvisados ou na rúa", di Christophe Fournier, Presidente Internacional de MSF. "Estamos a distribuír tendas, utensilios de cociña e artigos de hixiene alá onde podemos, pero o noso traballo está sobre todo centrado na atención médica. Un non deixa de asombrarse cando comproba o enorme desfase de tempo que hai entre as promesas de envío de diñeiro e o ritmo tan lento que segue a distribución. En MSF estamos realmente preocupados pola chegada da estación de chuvias, pois moitas desas persoas que non dispoñen dun refuxio onde vivir, chegarán ata os nosos hospitais con diarreas ou enfermidades respiratorias, así que probablemente teremos que enfrontarnos a novas emerxencias médicas," engade.

Ademais, e aínda que en ningún momento deixaron de ser atendidos, nos últimos días estase a tratar de volver ofrecer o mesmo nivel de atención aos pacientes crónicos que necesitan seguir un tratamento e ás nais que presentan embarazos ou partos complicados. "A taxa de mortalidade materna en Haití antes do terremoto xa era catro veces superior á de América Latina e 50 veces superior á de Estados Unidos e Canadá. A nosa organización atendía de xeito gratuíto unha media de 14.000 partos ao ano. Ese dato pode servir de mostra da importancia que ten poder volver prestar estes servizos con normalidade", comenta Stefano Zaninni, coordinador xeral de MSF en Haití.

A día de hoxe, MSF está a traballar en máis de 20 lugares de Porto Príncipe, Leogane e Jacmel, onde os equipos médicos da organización dispoñen de 11 quirófanos para cirurxía maior e cinco para cirurxía menor. Ao longo deste mes tratáronse nestas instalacións a máis de 18.000 pacientes e operouse unhas 2.000 persoas. Enviáronse unhas 1.400 toneladas de material médico e de emerxencia e está previsto que nas próximas semanas saian unhas 350 toneladas máis. Na actualidade, MSF conta con máis de 1.800 traballadores en Haití, dos cales ao redor de 1.450 son haitianos.

Nunha extraordinaria demostración de apoio público, as oficinas de MSF en todo o mundo recibiron ata agora máis de 70 millóns de euros en doazóns privadas para apoiar as vítimas do terremoto. MSF está moi agradecido por esa xenerosidade xa que estes fondos nos permiten levar asistencia ás persoas máis afectadas. A finais de febreiro de 2010, MSF prevé que xa terá gastado 20 millóns de euros nos seus programas de emerxencia médica. Nas próximas semanas e meses, segundo vaian evolucionando as necesidades médicas no terreo, terase unha mellor perspectiva sobre o que será a intervención de MSF máis alá da fase de emerxencia.

jueves, 11 de febrero de 2010

Constitúese a Plataforma en defensa do sistema público galego de servicios sociais

Según informou o Colexio de Educadores Sociais de Galicia (CEESG), máis de 60 entidades sociais e concellos de Galicia constituíron a Plataforma en defensa do sistema público galego de servizos sociais, que tamén apoian un centenar de cidadáns a título individual, maioritariamente profesionais dos servizos de benestar.

Concellos como A Bóla, Poboa de Brollón, Carballiño, Vigo ou Vilagarcía, os Colexios Profesionais de Psicoloxía e Educación Social de Galicia e entidades sociais como a Fundación Érguete-Integración, Alcer ou a Plataforma polo Emprego teñen consesuado o Manifesto en defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais e propoñen a posta en marcha de actuacións orientadas a fortalecer o actual sistema galego de servizos sociais, no marco da Lei de Servizos Sociais de Galicia que se aprobou no ano 2008.

A Plataforma, que está aberta á participación de todas as entidades e persoas preocupadas por esta cuestión, pretende impedir "a posta en marcha de actuacións políticas dirixidas á privatización e mercantilización de servizos sociais públicos esenciais".

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa poden facelo a través da dirección electrónica: defensa.servizossociais.publicos@gmail.com ou da páxina web do CEESG

miércoles, 10 de febrero de 2010

O Camiño dos Satélites fai accesible o Camiño de Santiago a persoas con discapacidade

Acábase de presentar o I Camiño de Los Satélites, un proxecto promovido pola Fundación Tecnoloxía Social (FTS) cuxo obxectivo é facer accesible o Camiño de Santiago a persoas con diversidade funcional, maiores e afeccionadas á tecnoloxía.

O Centro ON Caixa Galicia de Santiago de Compostela contou no acto de presentación deste proxecto coa presenza de Serafín Zubiri, músico e cantante invidente, intérprete da canción oficial do evento, "Unha liña no ceo".

O Camiño dos Satélites

O camiño francés será realizado en outubro de 2010 por un grupo de 20 peregrinos con diversidade funcional acompañados polo cantante Serafín Zubiri, seguindo fundamentalmente 4 liñas principais:

1.- Consiste no Camiño trazado en GPS, onde os participantes realizarán o camiño equipados con distintas tecnoloxías de apoio, destacando o uso do GPS como ferramenta fundamental para superar as dificultades do camiño.

Para iso utilizarán o KAPTEN de KAPSIS (GPS que funciona a través de comandos de voz), e permitirá ademais de orientar aos peregrinos, escoitar música, a radio, obter información puntual do camiño, así como coñecer canto andaron e a velocidade, entre outras moitas cousas.

2.- Levarase a cabo durante o camiño. Consiste no seguimento de cada un dos participantes, dotándoos dun equipo de GPS-GPRS, co fin de saber a posición na que se encontran en todo momento, sendo esta trasmitida a un servidor, podendo verse o mapa real, en relevo ou fotográfico das súas posicións exactas, co fin de poder encontrar persoas perdidas nun momento dado, ou simplemente de poder seguir o noso peregrino favorito.

3.- Enfócase á comunicación audiovisual, na que a través dun documental se plasmarán as vivencias do propio cantante e os seus acompañantes durante o camiño, e, ademais todo iso, poderá ser seguido a diario, a través da web que se creará con motivo do proxecto, por TVIP, mediante resumos diarios e conexións en directo.

4.- Como apoio a todo o proxecto se desenvolverá unha web con funcionalidades 2.0 accesible. No devandito portal, poderase encontrar información e historia do camiño, guías, consellos, así como os Blogs/Bitácoras dos protagonistas do documental, posibilidade de realizar comentarios, e conexións diarias TVIP, entre outros contidos.

O proxecto conta co apoio do Xacobeo 2010, da Xunta de Galicia e de diversas entidades e institucións, así como coa colaboración das empresas AGESTIC e KARAKOL EVENTOS, achegando a súa tecnoloxía poñéndoa ao servizo de todos, destacando a participación da coñecida empresa galega BLU:SENS.


Máis información na web: http://www.fts.org.es/

AGARESO RADIO – A tertulia de Agareso Radio integrada por internos de A Lama cumpre dous anos de emisions

‘En Otra Onda’, este espacio denominado como un recuncho de liberdade cumpre este mes o seu segundo ano de vida sen interrupcions. A sua primeira emisión tivo lugar o 11 de febreiro coa participación de cinco internos encargados de romper o silencio.

A incidencia e beneficios nos programas de reinsercción de persoas privadas de liberdade que aporta este proxecto de comunicación social foi recoñecido, o pasado ano 2008, polo Ministerio do Interior coa concesión do Merito Social Penitenciario.

Esta tertulia está composta de varios apartados que abordan temáticas relacionadas coa convivencia no interior do centro penitenciario de A Lama e as diferentes problemáticas, así como cuestions de actualidade con especial atención os asunto de índole social.

Para celebrarlo, sete internos/as (Mariana, Damián, Carmelo, Yasmine, Miguel e Manuel) reforzaron esta acción de comunicación social debatindo sobre o consumo de drogas, novas tecnoloxias ou a xubilación os 67 anos.

Actualmente, a grabación deste espacio se efecuta nos estudios de A Radio, emisora do centro penitenciario de A Lama, no que unha decena de interos/as traballan por manter unha programación estable, tras ser capacitados por un equipo da ONG Agareso no marco dun curso teórico/práctico.

Así a vontade da dirección do centro, funcionarios, profesionales da comunicación e diversas voces prestadas por persoas xa reinsertadas permitiron cumprir 24 meses dunha fructífera experiencia consolidada no eido da comunicación social.

Podes escoitar este espacio na programación de Agareso Radio: www.agareso.org

jueves, 4 de febrero de 2010

O IGADI, dos mellores think tanks de España

Segundo unha enquisa realizada por segundo ano consecutivo pola empresa Iberglobal, portal dedicado á internacionalización empresarial, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org), con sede en Baiona e dirixido por Xulio Ríos, alcanzou o 9º lugar entre un total de 17 centros de investigación e think tanks españois, avanzando así tres postos con respecto á votación de 2009, cun 14,2% do total dos votos emitidos. Máis de trinta centros similares non foron nominados.

Tamén por segundo ano consecutivo, a lista está liderada polo Real Instituto Elcano, seguido da Fundación para a Análise e os Estudos Sociais (FAES), do Grupo de Estudos Estratéxicos (GEES) e do CIDOB.

Nesta edición de 2010 incrementouse o número de participantes na votación, con 1.100 persoas que emitiron o seu voto. Cómpre considerar a participación de novos entes de investigación na edición deste ano, como son os casos de Casa África, Casa América, o Instituto Futuro e a Fundación Rafael del Pino, así como a proposta dos participantes de incluír a máis centros de investigación.

Deste modo, o IGADI pasa a figurar entre as cinco primeiras entidades de investigación a nivel estatal especializadas en política internacional, con énfase no mantemento dunha visión propia e independente e con marcado acento na proxección exterior de Galicia.

martes, 2 de febrero de 2010

Solidariedade Internacional de Galicia aposta pola Banca Ética

O pasado 16 de xaneiro quedou constiuida a Asociación Fiare Galiza, un proxecto de creación e consolidación dun sistema de Banca Ética do que Solidariedade Internacional de Galicia decidiu, na Asamblea Extraordinaria celebrada o pasado 4 de decembro, formar parte activa.

A actividade económica non é neutral. Pretende impoñerse a impresión de que a economía funciona con claves científicas nas que non entran dimensión éticas.

Así, o sistema bancario tradicional pasou da súa función básica de intermediación de depósito e crédito a un entramado complexo en que o interese principal está nas carteiras de negociación especulativas. Nel fináncianse proxectos non sustentables, destructivos e defínese por provocar un excesivo endebedamento, ter por principio a exclusión bancaria dos pobres, xogar co financiamento de necesidades básicas poñendo en perigo a supervivencia de grupos humanos…. Pero a actividade económica non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou non intencionais. Toda decisión económica é, en último termo, unha decisión ética, asumida desde un marco determinado de conviccións e as súas consecuencias favorecen a unhas persoas e prexudican a outras.

A implicación ética desta realidade non se detén na acusación dirixida aos bancos e poderes económicos, xa que a participación particular de cada cidadán/á fainos responsables ante a agresión que se leva a cabo empregando, entre outros, os nosos aforros. A SUMA das nosas accións individuais (legais, “inocentes”, socialmente aceptadas…) ten efectos DEVASTADORES en persoas e lugares que non coñecemos (ou non queremos coñecer).

Ao noso redor, cada vez máis persoas e organizacións vanse facendo conscientes desta realidade e intentan tomar as decisións sobre o destino dos seus aforros, sobre as súas solicitudes de crédito ou os seus investimentos con responsabilidade, baseándose nunha información fiable e suficiente.

Xorden así preguntas como as seguintes:

¿Cobre o sistema bancario actual as nosas demandas como persoas aforradoras, consumidoras e investidoras?
¿Atopan as organizacións sociais e os/as seus/ súas usuarios/ usuarias resposta nas entidades financieiras tradicionais?
¿Onde e desde que criterios invisten o noso diñeiro as institucións financeiras?
¿Responden as entidades financeiras ás demandas das nosas sociedades e especialmente ás que proveñen dos sectores máis desfavorecidos?
¿Existe un modelo alternativo de banca que sitúe esas demandas no centro da súa misión, visión e valores?
A nosa pretensión é dar respostas satisfactorias a estas preguntas e isto podemos atopalo no inicio e na base do proxecto de Banca Ética de FIARE.

A BANCA ÉTICA é unha proposta de intermediación financeira que persegue a transformación social, polo que os seus labores de captación de capital, investimento e préstamo realízanse desde unha filosofía integral e uns fins éticos ao servizo da xustiza e baseados en;

Intermediación financeira ao servizo da Xustiza.

Transparencia informativa de todo o circuíto dos cartos.

Funcionamento en mans dos movementos sociais.

Carácter Non lucrativo.

Inserencia no sistema financeiro.

Desde esta perspectiva, os obxectivos xerais de Fiare, como intermediario financeiro son:

Financiar actividades económicas que impliquen un impacto social positivo e transformador. É dicir, apoiar empresas, actividades e proxectos sociais, ecolóxicos, culturais e solidarios, favorecendo o desenvolvemento humano tanto nas nosas sociedades do Norte coma do Sur, poñendo o diñeiro a disposición das persoas excluídas e das organizacións que traballan con elas.

Ofrecer instrumentos de aforro e de investimento responsables. Trátase de poñer a disposición da cidadanía a posibilidade de apoiar cos seus aforros ese tipo de actividades, decidindo responsablemente o uso que fai a entidade financeira dos seus aforros e excluíndo calquera investimento en actividades ou empresas que colaboren co mantemento da inxustiza e o deterioro do noso mundo (tráfico de armas, explotación laboral, destrución do medio ambiente …).

Solidariedade Internacional de Galicia, como entidade que promove o consumo responsable en todas as súas facetas, non pode deixar de lado unha con tantas implicacións coma a da banca, e é por isto que dende o pasado 4 de decembro, entrou a formar parte da Asociación Fiare Galiza dende a que traballará para poder ofrecer un sistema bancario alternativo.

Se queres saber máis, visita www.fiare.org

El congreso de los Diputados acoge el Acto Oficial del Día Mundial de las Enfermedades Raras

Será el acto más importante de la Campaña de Sensibilización de FEDER, que tiene su eje central en el día mundial y que lleva por lema “Sabemos lo que queremos: Enfermedades Raras, una prioridad social y sanitaria”


El Congreso de los Diputados acoge el Acto Oficial del Día Mundial de las Enfermedades Raras organizado por la Federación Española de Enfermedades Raras (FEDER). El evento, que se llevará a cabo el próximo 18 de febrero y que contará con la presencia de José Bono, presidente del Congreso de los Diputados, constituye la actividad principal de todas las que se van a organizar en España por el Día Mundial de las Enfermedades Raras (ER).


En concreto, bajo la bandera de este día -que concretamente se celebra el próximo 28 de febrero en todos los países de Europa, así como en EEUU y Canadá- FEDER organiza toda una Campaña de Sensibilización que lleva por lema, “Sabemos lo que queremos: Enfermedades Raras, una prioridad social y sanitaria” y con la que pretende reivindicar la puesta en marcha y el impulso de los Centros, Servicios y Unidades de Referencia (CSUR) que garanticen una atención adecuada y de calidad para las personas con ER.


Será precisamente en el acto del Congreso de los Diputados cuando FEDER presente oficialmente el “Decálogo Nacional sobre Centros, Servicios y Unidades de Referencia para las Enfermedades Raras”. Según Rosa Sánchez de Vega, presidenta de FEDER, “este documento presenta 10 propuestas clave, fruto de un arduo trabajo de más de 5 años tanto a nivel europeo como a nivel nacional entre organizaciones de pacientes y expertos. Los pacientes lo tenemos claro: Sabemos lo que queremos”.


El acto en el Congreso, pretende repetir así la inolvidable experiencia del año pasado en el Senado (lugar escogido para la celebración del mismo acto en 2009) y que contó con la presencia de S.A.R. la Princesa de Asturias.


La presidenta de FEDER asegura que “estar en el Congreso en esta fecha tan especial significa seguir avanzando en la lucha por los derechos de las personas con ER. Por esta razón, desde la Federación consideramos prioritario seguir insistiendo en la importancia que, en este sentido, tiene el mantenimiento del consenso general entre los partidos políticos alcanzado hace dos años con motivo del desarrollo de la Ponencia del Senado, en donde se analizó con detalle la especial situación de los pacientes con ER”.


Centros, Servicios y Unidades de Referencia

Más de 3 millones de españoles tienen una enfermedad rara en España. De éstos, más de 2 millones se han sentido discriminados alguna vez por motivo de su enfermedad. El desconocimiento, la escasez de investigación, la precaria experiencia de los profesionales y la falta de coordinación entre los expertos son algunas de las razones que llevan a las personas con enfermedades raras a sentirse excluidas del Sistema Nacional de Salud.



Por esta razón, y con el objetivo de cambiar esta realidad, desde FEDER se quiere impulsar los Centros, Servicios y Unidades de Referencia como prioridad para solucionar de forma integral su problemática. Según Sánchez de Vega, “los Centros de Referencia tendrán la misión de facilitar el diagnóstico, la atención adecuada, adaptada y coordinada que hace falta para mejorar la calidad de vida de los afectados. Pero, estos centros, además de proporcionar a las personas con enfermedades raras una atención sanitaria, efectiva de alta calidad y rentable, también serán puntos de formación, información e investigación”.


En el Día más internacional de las enfermedades raras, y en el marco de la Presidencia Española de la Unión Europea, la Federación Española de Enfermedades Raras, quiere destacar la imperiosa necesidad de aunar el conocimiento en estas enfermedades no sólo en España sino a escala mundial. En este sentido, Sánchez de Vega explica que “la propia Comisión Europea ha destacado la necesidad de poner en común los conocimientos sobre ER para garantizar a los pacientes el mismo acceso a una información precisa, un diagnóstico apropiado y a tiempo y una asistencia de alta calidad”. Es precisamente, en esta recogida de recursos e información “donde los Centros de Referencia juegan su papel más importante”, continúa la presidenta de FEDER.


De esta forma, y según asegura Sánchez de Vega, “la Presidencia Española de la Unión Europea, representa una oportunidad única para seguir las recomendaciones de la comisión en materia de Centros de Referencia con experiencia para ER”.