jueves, 11 de febrero de 2010

Constitúese a Plataforma en defensa do sistema público galego de servicios sociais

Según informou o Colexio de Educadores Sociais de Galicia (CEESG), máis de 60 entidades sociais e concellos de Galicia constituíron a Plataforma en defensa do sistema público galego de servizos sociais, que tamén apoian un centenar de cidadáns a título individual, maioritariamente profesionais dos servizos de benestar.

Concellos como A Bóla, Poboa de Brollón, Carballiño, Vigo ou Vilagarcía, os Colexios Profesionais de Psicoloxía e Educación Social de Galicia e entidades sociais como a Fundación Érguete-Integración, Alcer ou a Plataforma polo Emprego teñen consesuado o Manifesto en defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais e propoñen a posta en marcha de actuacións orientadas a fortalecer o actual sistema galego de servizos sociais, no marco da Lei de Servizos Sociais de Galicia que se aprobou no ano 2008.

A Plataforma, que está aberta á participación de todas as entidades e persoas preocupadas por esta cuestión, pretende impedir "a posta en marcha de actuacións políticas dirixidas á privatización e mercantilización de servizos sociais públicos esenciais".

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa poden facelo a través da dirección electrónica: defensa.servizossociais.publicos@gmail.com ou da páxina web do CEESG