Despois da carreira contra o reloxo das primeiras semanas para atender a todos aqueles pacientes que necesitaban ser operados para salvar a súa vida, os equipos de Médicos Sin Fronteras (MSF) en Haití están a afrontar novas necesidades urxentes.
Aínda que o ritmo de traballo nos quirófanos segue sendo moi intenso, na actualidade hai miles de persoas que requiren atención post-operatoria, incluíndo coidados de rehabilitación, fisioterapia e saúde mental. Ademais, preocupa moito a situación dos centos de miles de persoas que un mes despois do terremoto seguen vivindo en condicións de amoreamento e insalubridade en campamentos improvisados ou na rúa, especialmente coa estación de chuvias que se vai achegando.
Un mes despois do desastre, moitas persoas non recibiron aínda tendas e artigos de hixiene e non dispoñen de acceso a fontes de auga potable nin aos servizos sanitarios. "É difícil de crer que, catro semanas despois do desastre, haxa tanta xente vivindo baixo unha simple saba en campos improvisados ou na rúa", di Christophe Fournier, Presidente Internacional de MSF. "Estamos a distribuír tendas, utensilios de cociña e artigos de hixiene alá onde podemos, pero o noso traballo está sobre todo centrado na atención médica. Un non deixa de asombrarse cando comproba o enorme desfase de tempo que hai entre as promesas de envío de diñeiro e o ritmo tan lento que segue a distribución. En MSF estamos realmente preocupados pola chegada da estación de chuvias, pois moitas desas persoas que non dispoñen dun refuxio onde vivir, chegarán ata os nosos hospitais con diarreas ou enfermidades respiratorias, así que probablemente teremos que enfrontarnos a novas emerxencias médicas," engade.
Ademais, e aínda que en ningún momento deixaron de ser atendidos, nos últimos días estase a tratar de volver ofrecer o mesmo nivel de atención aos pacientes crónicos que necesitan seguir un tratamento e ás nais que presentan embarazos ou partos complicados. "A taxa de mortalidade materna en Haití antes do terremoto xa era catro veces superior á de América Latina e 50 veces superior á de Estados Unidos e Canadá. A nosa organización atendía de xeito gratuíto unha media de 14.000 partos ao ano. Ese dato pode servir de mostra da importancia que ten poder volver prestar estes servizos con normalidade", comenta Stefano Zaninni, coordinador xeral de MSF en Haití.
A día de hoxe, MSF está a traballar en máis de 20 lugares de Porto Príncipe, Leogane e Jacmel, onde os equipos médicos da organización dispoñen de 11 quirófanos para cirurxía maior e cinco para cirurxía menor. Ao longo deste mes tratáronse nestas instalacións a máis de 18.000 pacientes e operouse unhas 2.000 persoas. Enviáronse unhas 1.400 toneladas de material médico e de emerxencia e está previsto que nas próximas semanas saian unhas 350 toneladas máis. Na actualidade, MSF conta con máis de 1.800 traballadores en Haití, dos cales ao redor de 1.450 son haitianos.
Nunha extraordinaria demostración de apoio público, as oficinas de MSF en todo o mundo recibiron ata agora máis de 70 millóns de euros en doazóns privadas para apoiar as vítimas do terremoto. MSF está moi agradecido por esa xenerosidade xa que estes fondos nos permiten levar asistencia ás persoas máis afectadas. A finais de febreiro de 2010, MSF prevé que xa terá gastado 20 millóns de euros nos seus programas de emerxencia médica. Nas próximas semanas e meses, segundo vaian evolucionando as necesidades médicas no terreo, terase unha mellor perspectiva sobre o que será a intervención de MSF máis alá da fase de emerxencia.