viernes, 19 de febrero de 2010

MSF alerta das necesidades en Haití superado o mes do seismo

Nun mes, MSF fixo chegar a Haití máis de 1.400 toneladas de material e tratou a máis de 18.200 pacientes. Aínda que a axuda internacional non cesa de chegar, as necesidades son tan grandes que moitas persoas non recibiron aínda tendas e artigos de hixiene e non dispón de acceso a fontes de auga potable nin aos servizos sanitarios.

Christophe Fournier “É difícil de crer que, catro semanas despois do desastre, haxa tanta xente vivindo baixo unha simple saba en campos improvisados ou en cálea. Estamos distribuíndo tendas, utensilios de cociña e artigos de hixiene alá onde podemos, pero o noso traballo está sobre todo centrado na atención médica.

En MSF están realmente preocupados pola chegada da estación de chuvias, pois moitas desas persoas que non dispón dun refuxio onde vivir, chegarán ata os nosos hospitais con diarreas ou enfermidades respiratorias, así que probablemente teremos que enfrontarnos a novas urxencias médicas”, explica Christophe Fournier, presidente internacional de MSF.

Ademais, e aínda que en ningún momento deixaron de ser atendidos, éstáse tratando de volver ofrecer o mesmo nivel de atención aos pacientes crónicos que necesitan seguir un tratamento e ás nais que presentan embarazos ou partos complicados. “A taxa de mortalidade materna en Haití antes do terremoto xa era catro veces superiores á de América Latina e 50 veces superiores á de Estados Unidos e O canadá.

A organización atendía de maneira gratuíta unha media de 14.000 partos ao ano. Ese dato pode servir de mostra da importancia que ten o poder volver prestar estes servizos con normalidade”, comenta Stefano Zaninni, coordinador xeral de MSF en Haití.