Mozas e Mozos de Beluso (Bueu) está a colaborar coa Asociación Solidariedade San Roque, de Leirado (Salvaterra do Miño), na recollida de todo tipo de enseres para os orfanatos e hospitais de Ucraína. Dentro dunhas semanas partirá cara a ex república soviética un novo tráiler cargado con material escolar, roupa, colchóns, cadeiras de rodas, vaixelas, mantas e xoguetes, donados de xeito altruísta por particulares e empresas. Carriños de bebé, cadeiras e mesas de colexio, andadores, pañais para adultos ou bolsos son outros dos útiles que se poden achegar. Mesmo cinta adhesiva para embalar os centos de caixas que percorrerán máis de 4.000 quilómetros ata o seu destino.
Trátase do terceiro camión que envía a este país do leste o colectivo de Salvaterra, que desta volta conta coa Asociación Mozas e Mozos na xestión dos donativos no Morrazo. Nesta ocasión quérese facer especial fincapé na recollida de bicicletas, destinadas aos rapaces que teñen que camiñar máis de dez quilómetros para ir á escola. Porén, trátase dunha poboación tan necesitada que lle tira proveito a case calquera dos obxectos que desbotamos no chamado primeiro mundo, sobre todo tras un inverno con temperaturas inferiores aos 20 graos baixo cero que deixou centos de mortes por conxelación. E o peor aínda está por vir, xa que o desxeo da grosa capa de neve que cobre ás montañas ucraínas provoca asolagamentos que destrúen vilas enteiras.
Os interesados en contribuír con esta iniciativa deben contactar coa Asociación Mozas e Mozos de Beluso por teléfono ou no enderezo de correo electrónico mozasemozos@gmail.com. Tamén poden colaborar mediante donativos en metálico, pois fletar o transporte ata Kiev custa arredor de 3.000 euros. Unha vez alí, directivos da Asociación Solidariedade San Roque e os seus colaboradores locais repartirán de xeito directo as preto de vinte toneladas de axuda humanitaria galega, co que a chegada aos lugares de destino está garantida. Nenos da rúa, mozos afectados de discapacidade pola catástrofe de Chernóbil e anciáns enfermos son só algúns dos beneficiarios