A comparecencia de Soraya Rodríguez responde a unha petición do Partido Popular, que se fai eco dunha información errónea publicada por un medio de comunicación
A secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Soraya Rodríguez, pediu hoxe comparecer, á maior brevidade posible, ante a comisión de Cooperación do Congreso dos Deputados para informar sobre o sistema de axudas as ONGs.
Esta iniciativa responde a unha solicitude do Partido Popular, que se fai eco dunha información errónea publicada por un medio de comunicación que podería ter evitado os datos incorrectos tan só coa consulta na páxina web da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).
Curiosamente os datos recollidos polo diario ABC axústanse á realidade nos casos doutras importantes ONGs españolas, salvo no capítulo das axudas recibidas por Solidariedade Internacional. Estes datos erróneos serven ao mencionado xornal para lanzar acusacións de amiguismo, cunha actitude falaz e sen base real ningunha. Deste modo, ponse de relevo que fronte aos datos obxectivos e á información contrastada, o Partido Popular prefire escudarse nas insinuacións e as terxiversacións non sustentadas polos feitos.
Soraya Rodríguez lamenta profundamente a actitude do PP neste tema, xa que este partido non mantivo a vía do diálogo que adoptou a secretaria de Estado de Cooperación Internacional co Grupo Popular e co resto de grupos parlamentarios en todas as cuestións.