viernes, 30 de abril de 2010

Colombia: Os dereitos humanos deben estar no centro da campaña electoral

O respecto aos dereitos humanos debe ser unha prioridade máxima para todos os candidatos presidenciais, declarou hoxe Amnistía Internacional, ao enviar unha carta aberta a todos os candidatos e a candidata que se presenta ás eleccións presidenciais do 30 de maio.

Na carta, a cal se fai pública hoxe, Amnistía Internacional destaca os seus principais motivos de preocupación en relación cos dereitos humanos e pide aos candidatos e candidata presidenciais que expoñan con claridade as políticas que aplicarán e as medidas concretas que implantarán para garantir o pleno respecto aos dereitos humanos en Colombia.

"Aínda que os candidatos fixeron unha breve alusión aos dereitos humanos no cuestionario que publicou a semana pasada o semanario colombiano Semana, segue sendo francamente chocante que, nun país onde os dereitos humanos son vulnerados sistematicamente polos que participan no conflito armado interno que afecta ao país dende hai 45 anos, esta cuestión non recibise a prioridade que merece", afirma Susan Lee, directora do Programa Rexional para América de Amnistía Internacional.

Nun esforzo para que a cuestión dos dereitos humanos sexa incluída na axenda electoral, a Campaña Nacional e Internacional polo Dereito a Defender os Dereitos Humanos e Medios para a Paz invitaron os candidatos á vicepresidencia a que participen nun debate sobre os dereitos humanos que se celebrará en Bogotá (Colombia) o próximo 5 de maio.

"Este acto é unha importante oportunidade para que os candidatos debatan os dereitos humanos e fagan compromisos firmes en resposta ás cuestións que formulan tanto Amnistía Internacional na súa carta aberta coma os participantes no acto. Esperamos sinceramente e pedimos enerxicamente que os candidatos á vicepresidencia demostren o seu inequívoco compromiso para poñer fin á crise de dereitos humanos mediante a súa participación neste acto", declarou Susan Lee.

Na súa carta, a organización condena que ningún das partes do conflito -sexa a guerrilla, os grupos paramilitares ou as forzas de seguridade-estea a protexer a poboación civil das consecuencias que ten o conflito para os dereitos humanos nin respecte o seu dereito a non se ver involucrada nas hostilidades. Amnistía Internacional tamén pon de relevo que a impunidade, máis que calquera outro factor, é a responsable da prolongación da crise de dereitos humanos.

"Cada ano, centos de miles de civís vense obrigados a fuxir dos seus fogares debido ao conflito, mentres moitos outros son vítimas de ameazas, homicidios, desaparicións ou secuestros. A situación que afrontan os pobos indíxenas e as comunidades de afrodescendientes e campesiñas, así como os defensores e defensoras de dereitos humanos, é especialmente precaria. Simplemente necesitamos saber que vai facer o novo presidente ao respecto", engadiu Susan Lee.

Malia que se produciron certos avances nas investigacións sobre abusos contra os dereitos humanos nalgúns dos casos máis destacados, a impunidade segue sendo a norma e a maioría dos perpetradores nunca foron identificados, e moito menos investigados polos tribunais.

"A triste verdade é que a inmensa maioría dos que cometen abusos contra os dereitos humanos continúan sen responder dos seus actos, mentres que moitos dos implicados en investigacións clave nas que se fixeron algúns progresos, como avogados, fiscais, xuíces e testemuñas, son sistematicamente vítimas de ameazas ou homicidios. O novo goberno debe ser claro sobre o que vai facer para garantir que as vítimas e as súas familias reciban a xustiza que merecen. "

"Esperamos que todos os candidatos transmitan unha clara mensaxe, de ser elixidos, de que terán a determinación política para poñer fin a tantas décadas de abusos contra os dereitos humanos e para superar a impunidade, endémica e vergonzosa, que permitiu que estes abusos continúen cometéndose ata a data", concluíu Susan Lee.

martes, 27 de abril de 2010

O Cermi recorre o decreto galego de desenvolvemento da Lei de Autonomía Persoal e Dependencia

O Comité Español de Representantes de Persoas con Minusvalidez (CERMI) presentou un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o Decreto da Xunta que regula para o ámbito galego diversos aspectos substantivos e de procedemento da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención á Dependencia.

En concreto, a norma regulamentaria, aprobada o pasado mes de febreiro, establece o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

O CERMI considera que determinadas materias deste Decreto, como o silencio administrativo negativo (considerar desestimada a petición polo mero transcurso dun período de tempo, sen resolución expresa), son contrarios aos principios xerais, establecidos na lexislación básica estatal, que regulan os procedementos administrativos.

Outra cuestión obxecto de impugnación, por non respectar o tenor literal da Lei 39/2006, é a non retroactividade das prestacións ao momento da solicitude, como dispón a norma legal estatal, senón ao momento en que queda aprobado o programa individual de atención, o que pode acontecer moito tempo despois da petición, quedando desprotexida a persoa nese ínterim.

En canto a cuestións de fondo, o CERMI entende que a regulación que fai o Decreto de prestacións como de promoción da autonomía como a de asistencia persoal son moi restritivas, o que desincentivará a extensión desta figura, aspecto que pode entrar en contradicción co artigo 19 da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Minusvalidez, plenamente vixente en España, que garante o dereito destas persoas a ser incluídos na comunidade, con acceso aos apoios que precisen.

lunes, 19 de abril de 2010

Federico Mayor Zaragoza, ex director xeral da Unesco, visita Galicia

D. Federico Mayor Zaragoza, ex- director xeral da UNESCO, presidente da Fundación Cultura de Paz, estará hoxe luns e mañán, martes, en Galicia, concretamente, en Pontevedra, Santiago de Compostela e A Coruña, para participar na Semana da Educación de Escola Viva, asinar sendos Convenios co Plan Xacobeo sobre o Foro 2010 e coa USC en relación coa creación da Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos desta Universidade.

Tamén se entrevistará coa Presidenta do parlamento de Galicia, Dª Pilar Rojo e co Alcalde de Compostela, D. Xosé Antón Sánchez Bugallo.

Impartirá unha Conferencia na Fundación Barrié en Coruña o Martes ás 19:00 horas nun acto que é tamén, a presentación do novo Grupo Territorial do Seminario Galego de Educación para a Paz na cidade.

AXENDA

LUNS, 19 DE ABRIL:

18:00 horas. Conferencia Inaugural da Semana da Educación en Pontevedra no Pazo da Cultura.

MARTES, 20 DE ABRIL

9:30: Entrevista coa Presidenta do Parlamento de Galicia, Dª Pilar Rojo.

10:30: Asinatura do Convenio de Colaboración coa Consellería de Cultura e o Plan Xacobeo para o FORO 2010 (Sede da Consellería)

12:00: Asinatura do Convenio de creación da Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC (Pazo de San Xerome)

12:30: Entrevista co Alcalde, D. Xosé Antón Sánchez Bugallo (Alcaldía)

19:00: Conferencia na Fundación Barrié de la Maza en Coruña.

miércoles, 14 de abril de 2010

Solidaridade INternacional presenta Vacacións Solidarias

O Programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS dáte a oportunidade de coñecer de primeira man un proxecto de cooperación ao desenvolvemento nun país onde traballa Solidariedade Internacional de Galicia.

O programa ten como obxectivo sensibilizar persoas da sociedade en xeral, e en especial aqueles interesados na cooperación ao desenvolvemento, sobre a realidade que se vive noutros países, así como facilitar unha mellor comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.

Espérase que a través desta experiencia os participantes no Programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS se convertan en voceiros, cara a sociedade en xeral, sobre a importancia da cooperación, así como se involucren en accións de promoción de valores e actitudes tendentes a un cambio social, baseado en criterios de xustiza, paz, equidade, democracia, participación e solidariedade

Dende hai once anos a través deste programa os voluntarios/ás colaboran durante a súa estanza (3 a 4 semanas) en actividades de proxectos de cooperación en marcha, co propósito de coñecer, traballar e intercambiar coas comunidades que están a traballar pola construción do seu propio desenvolvemento. Os e as cooperantes de Solidariedade Internacional de Galicia, xunto co persoal das ONGs locais coas que traballamos en cada país, coordinan a estanza dos voluntarios.

Unha vez que as persoas participantes estean de volta en España, poderán implicarse en actividades de voluntariado que apoian tarefas de sensibilización e cooperación cos países e proxectos nos que se participou.

Este ano, 2010, propóñense 5 países de destino e 14 proxectos de cooperación nos cales podes participar.

Mayor Zaragoza, Senén Barrio e Manuel Dios asinan o convenio de creación da Cátedra Unesco de Cultura de Paz e Dereitos Humanos

O vindeiro día 20 quedará constituída a nova Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC no trascurso dun acto no que asinarán o Convenio de creación D. Federico Mayor Zaragoza, como presidente de honra da mesma, D. Senén Barro, reitor da USC, e D. Manuel Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, entidade promotora da iniciativa.

A citada Cátedra terá como director académico a D. Ramón Sánchez, catedrático de filosofía na Facultade de Educación e membro fundador do Seminario Galego de Educación para a Paz.

Conta tamén cun Comité Fundador no que están comprometidos máis de 20 profesores e profesoras da USC, de distintas materias e departamentos, co obxectivo de desenvolver un proxecto que pretende abrir vías de investigación en materia de cultura de paz, promover a organización de Másters sobre "paz e conflitos" similares ós existentes noutras universidades españolas e ofertar materias transversais do currículum universitario e programas formativos de carácter académico e social.

O Seminario Galego de Educación para a Paz quere mostrar a súa satisfacción por materializar unha iniciativa, longamente esperada, así como o seu profundo agradecemento ó Reitor, Senén Barro e ó profesorado que forma parte do Comité Fundador, así como á propia Fundación Cultura de Paz, a D. Federico Mayor pola súa mediación, e á nova Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova, polo seu apoio desde o mesmo momento da súa toma de posesión.

lunes, 12 de abril de 2010

A XUNTA ESTUDARÁ FÓRMULAS DE COLABORACIÓN COA REXIÓN COLOMBIANA DE ANTIOQUIA EN MATERIA DE EMPREGO E ASISTENCIA SOCIAL

A Xunta de Galicia estudará as fórmulas máis axeitadas de cooperación coa rexión de Antioquia (Colombia) en materia de emprego e asistencia social. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou que o departamento que dirixe traballará na proposta que lle fixeron varios representantes desta zona colombiana no transcurso dunha xuntanza que mantiveron en Santiago.

Os representantes da delegación institucional de Antioquia propuxéronlle á conselleira un intercambio de coñecementos entre a rexión galega e a colombiana nos ámbitos social e de traballo a través do proxecto Erika. En concreto, na xuntanza abordáronse temáticas referidas ao fomento do emprego, á atención social, á dependencia e ao apoio aos emprendedores.

“Foi unha primeira xuntanza positiva para analizar as portas de colaboración que poden existir entre as dúas comunidades”, destacou Mato, quen expuxo que “a partires de agora o que queda é traballar para definir os proxectos que se poderán desenvolver de cara a esta cooperación na senda do emprego e da atención social”, apuntou.

O proxecto Erika, que a delegación de Antioquia está a presentar estes días en diversos organismos e institucións de Galicia, tamén aglutina o intercambio da aprendizaxe en materia de ciencia, innovación e tecnoloxía. De feito, os representantes da rexión de Antioquia lévanse 15 proxectos da comunidade galega para avaliar a posibilidade de desenvolvelos a través da súa iniciativa.

sábado, 10 de abril de 2010

El próximo 13 de abril finaliza el plazo para inscribirse en las VIII Jornadas Interculturales

O próximo martes 13 de abril conclúe o prazo para a inscrición nas VIII Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidad que organizará Ecos do Sur co patrocinio da Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Arteixo e a colaboración da ONG Mestura. Estas Xornadas desenvolveranse o xoves 15 e venres 16 de abril no Centro Froxel de Arteixo, situado na rúa José Pérez Ballesteros (travesía de Oseiro) de Arteixo. Nesta oitava edición a temática destas versará sobre "Servizos Sociais e Inmigración".

Entre os obxectivos das Xornadas están os de:
Abordar os novos retos aos que se enfrontan os Servizos Sociais Comunitarios e Especializados na intervención co colectivo emigrante.
Coñecer a implicación de factores como a crise económica ou as novas regulacións en materia de Estranxeiría na intervención social co colectivo emigrante.
Dar a coñecer pautas efectivas de intervención co colectivo emigrante aos profesionais do Sector Público e do Terceiro Sector de Galicia, que potencien a transversalidad, o traballo en rede e a participación das persoas beneficiarias.
Establecer un punto de encontro entre diversos profesionais da intervención social en migración que propicie a creación de novas redes de traballo e, con el, a apertura de novos proxectos locais en Galicia no ámbito da migración.

No programa destas VIII Xornadas participarán na xornada do xoves representantes do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia, para abordar os recursos e as políticas sociais existentes na intervención co colectivo inmigrante, traballadoras sociais do Concello de Arteixo e da ONG Ecos do Sur para mostrar pautas de intervención efectivas co colectivo a través de diferentes casos prácticos e a especialista en Traballo Social e Inmigración da Universidade de Vigo, Dña. Carmen Verde Diego, que tratará os distintos enfoques de actuación que poden ter os Servizos Sociais no ámbito da Inmigración.

Na xornada do venres participarán representantes da Secretaría Xeral dá Emigración (Xunta de Galicia) e de Cáritas Diocesana de Santiago para explicar a situación actual e retos na atención social ao colectivo inmigrante en Galicia.

Como experiencia práctica de fuera de Galicia, también el viernes, las Jornadas contarán con la participación del Ayuntamiento de Vic (Barcelona), que a través de su Concejal del Plan de Barrios y Participación Ciudadana, D. Josep Rafús Isern, y de la Directora del Plan de Barrios de Vic, Dña. Noemí Alonso, explicarán el plan que llevan a cabo desde el Ayuntamiento para desarrollar social y urbanísticamente los barrios con mayor porcentaje de población inmigrante de la ciudad, buscando la participación y el trabajo en red de todos los agentes implicados (departamentos del ayuntamiento, Asociaciones vecinales, asociaciones de inmigrantes, comerciantes, etc.).

Como peche ás xornadas un representante do Foro para a Integración Social dos Inmigrantes do Ministerio de Traballo e Inmigración realizará unha radiografía da integración social das persoas inmigrantes no contexto actual de crise económica.

Durante as xornadas realizarase unha Comida Intercultural con distintos pratos do mundo e pecharase cunha Actuación Intercultural realizada pola compañía de teatro Melandrainas.

As persoas interesadas en inscribirse ou recibir máis información deben dirixirse ás oficinas de Ecos do Sur en Anxo Senra n.º 25 -1º da Coruña, chamar ao teléfono 981 150 118 ou enviar un correo electrónico a ong@ecosdosur.org

Primeiro bebé seleccionado para non ter unha distrofia muscular

O primeiro bebé seleccionado xeneticamente en España para non ter unha rara enfermidade hereditaria chamada distrofia muscular facio-escápulo-umeral (DFSHC) naceu no hospital Quirón de Barcelona.

O nacemento de Carla, que pesou 2,480 gramos e mediu 46,5 centímetros, produciuse o pasado 9 de marzo.

Na súa familia rexistráranse casos da enfermidade, polo que os seus pais se someteron a un tratamento de reprodución asistida no que se analizaron xeneticamente os embrións. Isto permitiu distinguir aqueles que podían sufrir ou transmitir a enfermidade e implantar unicamente no útero da nai embrións sans.

Esta técnica de selección embrionaria introduciuse na década pasada e nos últimos anos estendeuse o seu uso para previr enfermidades hereditarias graves. Carla é o primeiro caso en que a técnica se emprega para evitar a DFSHC.

Ao non ser portadora da alteración xenética que causa a enfermidade, transmitirá a doenza aos seus fillos se algún día os ten. Así, o diagnóstico preimplantatorio axuda a erradicar enfermidades graves xa que corta a súa transmisión dunha xeración á seguinte. ...

jueves, 8 de abril de 2010

Médicos do Mundo distribúe en Galicia unha guía para informar inmigrantes sobre como acceder ao sistema sanitario

A ONG Médicos do Mundo editou en Galicia unha guía de saúde para persoas inmigrantes co fin de informar esta poboación sobre como acceder ao sistema sanitario e denunciar a precariedade no acceso equitativo á saúde.

O vicepresidente de Médicos do Mundo España, o galego Felipe Noya, explicou que a guía informa as persoas inmigrantes de "como funciona o sistema sanitario galego", especificando os trámites burocráticos a seguir para solicitar a tarxeta sanitaria, petición de citas e outros procesos.

Noya aclarou que o texto responde a demandas realizadas á ONG polo propio colectivo inmigrante e comentou que, en función da colaboración que obteñan, pretenden editar a guía noutros idiomas como árabe, romanés e portugués, entre outras linguas.

Polo momento, en Galicia sacaron unha tirada de 800 exemplares que, na xornada de hoxe, coincidindo co Día Mundial da Saúde, voluntarios repartiron nalgúns centros de saúde da bisbarra de Santiago.

De feito, a organización puxo en marcha unha campaña, baixo o lema 'A saúde: ben común de todas as persoas e para todas as persoas', na que reivindica que "a saúde é un ben común de todas as persoas e para todas as persoas", coa repartición de folletos de sensibilización.

ACCESO EQUITATIVO

O vicepresidente de Médicos do Mundo resaltou que se trata dunha "actividade de sensibilización" destinada á poboación en xeral para que teña presente que o acceso á sanidade non se está a dar en condicións de equidade".

Neste sentido, comentou que se detectaron diversas barreiras, dependendo das circunstancias persoais, e incidiu en que existe "desinformación" que, engadiu, Médicos do Mundo "intenta paliar". Segundo datos da ONG, en Galicia teñen falta de cobertura sanitaria unhas 10.000 persoas inmigrantes.

"A saúde é un dereito humano en España e non un servizo", defendeu Noya e manifestou que na actualidade segue habendo persoas inmigrantes que demandan información sobre o acceso á sanidade e que, nalgúns casos, reciben asistencia por parte de membros da ONG, polo que tratan de resolver esta demanda de información.