lunes, 19 de abril de 2010

Federico Mayor Zaragoza, ex director xeral da Unesco, visita Galicia

D. Federico Mayor Zaragoza, ex- director xeral da UNESCO, presidente da Fundación Cultura de Paz, estará hoxe luns e mañán, martes, en Galicia, concretamente, en Pontevedra, Santiago de Compostela e A Coruña, para participar na Semana da Educación de Escola Viva, asinar sendos Convenios co Plan Xacobeo sobre o Foro 2010 e coa USC en relación coa creación da Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos desta Universidade.

Tamén se entrevistará coa Presidenta do parlamento de Galicia, Dª Pilar Rojo e co Alcalde de Compostela, D. Xosé Antón Sánchez Bugallo.

Impartirá unha Conferencia na Fundación Barrié en Coruña o Martes ás 19:00 horas nun acto que é tamén, a presentación do novo Grupo Territorial do Seminario Galego de Educación para a Paz na cidade.

AXENDA

LUNS, 19 DE ABRIL:

18:00 horas. Conferencia Inaugural da Semana da Educación en Pontevedra no Pazo da Cultura.

MARTES, 20 DE ABRIL

9:30: Entrevista coa Presidenta do Parlamento de Galicia, Dª Pilar Rojo.

10:30: Asinatura do Convenio de Colaboración coa Consellería de Cultura e o Plan Xacobeo para o FORO 2010 (Sede da Consellería)

12:00: Asinatura do Convenio de creación da Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC (Pazo de San Xerome)

12:30: Entrevista co Alcalde, D. Xosé Antón Sánchez Bugallo (Alcaldía)

19:00: Conferencia na Fundación Barrié de la Maza en Coruña.