miércoles, 14 de abril de 2010

Solidaridade INternacional presenta Vacacións Solidarias

O Programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS dáte a oportunidade de coñecer de primeira man un proxecto de cooperación ao desenvolvemento nun país onde traballa Solidariedade Internacional de Galicia.

O programa ten como obxectivo sensibilizar persoas da sociedade en xeral, e en especial aqueles interesados na cooperación ao desenvolvemento, sobre a realidade que se vive noutros países, así como facilitar unha mellor comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.

Espérase que a través desta experiencia os participantes no Programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS se convertan en voceiros, cara a sociedade en xeral, sobre a importancia da cooperación, así como se involucren en accións de promoción de valores e actitudes tendentes a un cambio social, baseado en criterios de xustiza, paz, equidade, democracia, participación e solidariedade

Dende hai once anos a través deste programa os voluntarios/ás colaboran durante a súa estanza (3 a 4 semanas) en actividades de proxectos de cooperación en marcha, co propósito de coñecer, traballar e intercambiar coas comunidades que están a traballar pola construción do seu propio desenvolvemento. Os e as cooperantes de Solidariedade Internacional de Galicia, xunto co persoal das ONGs locais coas que traballamos en cada país, coordinan a estanza dos voluntarios.

Unha vez que as persoas participantes estean de volta en España, poderán implicarse en actividades de voluntariado que apoian tarefas de sensibilización e cooperación cos países e proxectos nos que se participou.

Este ano, 2010, propóñense 5 países de destino e 14 proxectos de cooperación nos cales podes participar.