A Xunta de Galicia estudará as fórmulas máis axeitadas de cooperación coa rexión de Antioquia (Colombia) en materia de emprego e asistencia social. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou que o departamento que dirixe traballará na proposta que lle fixeron varios representantes desta zona colombiana no transcurso dunha xuntanza que mantiveron en Santiago.
Os representantes da delegación institucional de Antioquia propuxéronlle á conselleira un intercambio de coñecementos entre a rexión galega e a colombiana nos ámbitos social e de traballo a través do proxecto Erika. En concreto, na xuntanza abordáronse temáticas referidas ao fomento do emprego, á atención social, á dependencia e ao apoio aos emprendedores.
“Foi unha primeira xuntanza positiva para analizar as portas de colaboración que poden existir entre as dúas comunidades”, destacou Mato, quen expuxo que “a partires de agora o que queda é traballar para definir os proxectos que se poderán desenvolver de cara a esta cooperación na senda do emprego e da atención social”, apuntou.
O proxecto Erika, que a delegación de Antioquia está a presentar estes días en diversos organismos e institucións de Galicia, tamén aglutina o intercambio da aprendizaxe en materia de ciencia, innovación e tecnoloxía. De feito, os representantes da rexión de Antioquia lévanse 15 proxectos da comunidade galega para avaliar a posibilidade de desenvolvelos a través da súa iniciativa.