lunes, 31 de mayo de 2010

O Seminario Galego de Eduación pola Paz condena o ataque do exército israelí a un convoi humanitario

O ataque totalmente desproporcionado do exército israelíta contra do convoio humanitario coñecido como “frotiña da liberdade”, en augas internacionais, podería ter causado ata 16 mortos entre os activistas desarmados que viaxaban no barco de bandeira turca asaltado.

Esta criminal intervención militar contra cooperantes indefensos é unha proba máis, a enésima, de que o sionismo non ten límites nen escrúpulo moral algún á hora de desprezar o dereito internacional e as vidas de centos de pacifistas que pretendían levar a Gaza a axuda humanitaria que precisan e denunciar o bloqueo á que está sendo sometida a súa poboación civil coa total e absoluta pasividade da Unión Europea e a comunidade internacional.

O Seminario Galego de Educación para a Paz quere manifestar publicamente a súa condena máis enérxica por esta actuación criminal do goberno israelita ó tempo que reclama da xustiza internacional a apertura dunha causa por crimes contra da humanidade esixindo as responsabilidades penais correspondentes.

O goberno español, ademais, debería tomar de inmediato as medidas diplomáticas e xurídicas necesarias para garantir a seguridade dos cooperantes españois que viaxan no barco atacado e para que este novo atentado israelita non quede impune. Non é suficiente cunha condena formal ou con chamar a consultas ó embaixador de Israel en España. Como presidencia de turno da UE ten a posibilidade de que esta barbarie non quede, unha vez máis, nunha condena verbal, ou nunha mostra de indignación mediática, tomando xa que logo as medidas precisas, especialmente económicas, para presionar a Israel, usando o mesmo baremo que utiliza noutros conflitos, propondo as sancións correspondentes.

Polo menos 16 mortos no asalto á flotilla solidaria que leva alimentos e axuda humanitaria a Palestina

O asalto efectuado este luns pola Armada israelí contra o buque turco que encabezaba a flotilla solidaria á Franxa de Gaza, que causou polo menos 16 mortos, produciuse en augas internacionais e foi levado a cabo con munición real, segundo indicou a edición dixital da cadea de televisón Al Yazira.

Polo menos 16 persoas morreron e decenas resultaron feridas (incluídos catro soldados), segundo a Radio do Exército israelí. O barco que lideraba a flotilla, o 'Mavi Marmara', foi atacado a 65 quilómetros das costas de Gaza mediante unha abordaxe apoiada por helicópteros. Segundo o enviado especial de Al Yazira a bordo do barco, Jamal Elshayyal, os militares israelís utilizaron munición real durante a operación.

O Exército israelí asegurou nun comunicado que as súas tropas non atacaron", senón que se limitaron "a facer cumprir a orde do Goberno israelí de impedir unha entrada non autorizada na Franxa de Gaza que non se coordinara coas autoridades israelís". Así mesmo, indicou que os seus soldados abriron lume "despois de enfrontarse ás persoas que había a bordo, que ían armadas con obxectos punzantes,".

A organización que puxo en macha a flotilla, o Movemento Gaza Libre, asegurou que as tropas abriron lume "inmediatamente despois" de abordar o barco.

Anteriormente, a Armada israelí contactara co capitán do 'Mavi Marmara' para instalo a identificarse e a informar do rumbo que levaba o barco. Pouco despois, dous buques da Armada hebrea rodearon a flotilla, que cargaba alreadedor de 10.000 toneladas de material humanitario con destino á Franxa de Gaza.

A flotilla desafiara o bloqueo imposto por Israel á Franxa de Gaza e rexeitou a oferta das autoridades israelís de entregar elas mesmas as axuda aos palestinos. Esta flotilla é unha provocación que busca deslexitimar a Israel. Querían entregar en Gaza unha carga que poderían ter enviado a través de Israel, como se fai diariamente," afirmou o Exército.

Tres españois viaxan a bordo da Flotilla da Liberdade asaltada por soldados iraelís

Polo menos tres españois viaxan a bordo da 'Flotilla da Liberdade', formada por seis barcos que se dirixían con axuda humanitaria á Franxa de Gaza e que hoxe foi asaltada por soldados israelís.

A organización Cultura, Paz e Solidariedade asegura que se trata dos cooperantes Manuel Tapial e Laura Arau e o xornalista de Telesur David Segarra. Os voluntarios uníronse ao convoi o sábado 22 de maio dende o porto de Istanbul, día no que partiu a misión.

A ONG recibiu a última noticia de Manuel Tapial a través da rede social Facebook ás 4.00 horas deste luns na España peninsular. Dende entón, foi imposible a comunicación coa expedición humanitaria.

Ao parecer, comandos israelís descenderon dende un helicóptero sobre a cuberta do barco turco e fixéronse co control do navío, no que viaxan máis de 600 persoas. O balance de persoas falecidas é de 16, segundo a televisión privada israelí Channel 10, mentres que o número de feridos ascende 50, segundo a ONG.

O Exército israelí informou este luns nun comunicado que eles non "atacaron" a flotilla humanitaria que se dirixía á Franxa de Gaza con axuda humanitaria, senón que se limitaron a facer cumprir a orde do Executivo de Tel Aviv de impedir calquera entrada non autorizada ao enclave palestino.

Non atacamos ningún barco, limitámonos a facer cumprir a orde do Goberno israelí de impedir unha entrada non autorizada" "na Franxa de Gaza que non se coordinara coas autoridades israelís", afirma o comunicado.

Esta flotilla é unha provocación que busca deslexitimar a Israel. Querían entregar en Gaza unha carga que poderían ter enviado a través de Israel, como se fai diariamente," engadía o comunicado, recollido por CNN.

A flotilla de barcos, que portan 10.000 toneladas de material humanitario, desafiaron o bloqueo naval a que Israel somete a Franxa de Gaza e rexeitaron a oferta por parte de Israel de entregar a axuda aos palestinos a través das autoridades israelís.

Dende mediados de 2007, cando o Movemento de Resistencia Islámico Hamás, ao que Tel Aviv considera terrorista, se fixo co poder na Franxa de Gaza, Israel somete este enclave a un duro bloqueo naval e terrestre.

A finais de 2008, na operación 'Chumbo Fundido, o Exército israelí asasinou en torno a 1.300 palestinos deste territorio e provocou cuantiosos danos nas súas infraestruturas básicas.

miércoles, 26 de mayo de 2010

Un terzo da poboación de África Subsahariana sen alimentos


A seguridade alimentaria (cantidade e acceso aos alimentos) en África Subsahariana está en risco. Os últimos datos da Organización de Nacións Unidas confirmaron que na rexión existen máis de 265 millóns de persoas desnutridas e un 30% de poboación famenta. A escaseza de alimentos é unha das principais consecuencias da diminución da produción e a maior demanda da poboación, así como do uso de prácticas agrícolas corrosivas, en moitos casos baseadas nun único cultivo, e as propias infraestruturas obsoletas, que contribúen á forte erosión dos chans.

Segundo Nacións Unidas requírese un 60% máis en investimentos para facer fronte aos grandes retos do sector agrícola e así incrementar a produtividade e avanzar na consecución do primeiro Obxectivo de Milenio: reducir á metade a proporción de persoas que padecen fame para 2015. Nos últimos anos Intervida está a traballar na rexión maliense de Segou, na marxe esquerda do Níxer, para reactivar a produción agrícola e contribuír a alcanzar unha situación de seguridade alimentaria na zona. A organización traballa con varias asociacións de produtores para fomentar o cultivo do fonio como alternativa para tirar proveito dos chans menos fértiles, dada a súa maior adaptación e propiedades nutricionais.

Nestes programas, os produtores reciben formación técnica no cultivo do fonio, apoio para mecanizar o proceso produtivo, así como formación para xestionar os seus negocios e obter rendementos económicos coa venda de excedentes nos diferentes mercados. Ademais poden alugar o servizo a terceiros para obter novos recursos. O cultivo de fonio supón unha alternativa para mellorar a produtividade agrícola e facer fronte á escaseza de alimentos, así como unha oportunidade de negocio e de vida para a poboación de África.

Intervida é unha ONG internacional de cooperación ao desenvolvemento e sensibilización social que actúa localmente coas comunidades para promover o cambio social sostible a través da mellora das condicións de vida das poboacións vulnerables, en especial da infancia, e incidindo nas causas da pobreza e as desigualdades.

domingo, 23 de mayo de 2010

II Xornadas "A Discapacidade Hoxe" no concello de Ordes


O concello de Ordes, xunto coa Asociación de discapacitados de Ordes e Bisbarra, organiza este encontro dirixido a persoas con minusvalidez, as súas familias e profesionais.

Serán os días 27 e 28 de maio, de 10:00 a 13:00 e celebraranse no Auditorio do Museo do Traxe "Juanjo Liñares" en Ordes.

viernes, 21 de mayo de 2010

Chagas: a loita contra unha enfermidade silenciosa en Colombia

Angela vive en Genareros, unha comunidade indíxena na rexión de Arauca, Colombia. En abril, dous dos seus sete fillos remataron o tratamento para Chagas, unha enfermidade transmitida por un insecto común nas zonas rurais, onde a poboación vive casas de barro e palla. Mentres Yosney e Maryeli, os dous fillos máis novos de Angela, celebraban o fin do seu tratamento, dous dos seus irmáns descubrían que tamén padecen a enfermidade.

A enfermidade de Chagas é endémica na maioría de países latinoamericanos. En Colombia, Arauca é unha das zonas máis afectadas. É unha enfermidade infecciosa provocada polo parasito Tripanosoma cruz. Un insecto coñecido como vinchuca ou pito é o que transmite o parasito ás persoas. O Chagas tamén pode transmitirse por transfusións de sangue, de nais a fillos e, con menos frecuencia, a través de transplantes de órganos ou pola inxestión de alimentos contaminados. Os síntomas poden pasar desapercibidos durante moitos anos. Non obstante, se non se trata pode traer problemas de saúde graves como complicacións de corazón ou intestino ou mesmo a morte.

A finais de 2009, MSF integrou o tamizaje e tratamento de Chagas nos servizos primarios de saúde a través das súas clínicas móbiles en Arauca, unha zona afectada polo conflito na fronteira con Venezuela. É a primeira vez que MSF trata o Chagas nunha zona de conflito. "É un gran reto porque o tratamento require un seguimento continuo durante dous meses, e sempre hai a preocupación de que non poderemos chegar á comunidade por restricións de seguridade ou porque un grupo armado declara un alto nos movementos por estrada na rexión", afirma Patrick Swartenbroekx, coordinador do proxecto de MSF en Tame.

A primeira comunidade que MSF tamizó foi Genareros, onde Angela vive cos seus sete fillos. Das 97 mostras de sangue extraidas de nenos entre 9 meses e 18 anos, confirmáronse 11 positivas por Chagas. "Foi unha sorpresa encontrar un nivel tan alto en Genareros. Por sorte, non encontramos niveis tan altos cando tamizamos outras comunidades, afirma o responsable médico do proxecto de MSF en Arauca, Rafael Herazo.

Polo momento, o equipo de MSF en Arauca recolleu 1.617 mostras de sangue en 10 comunidades e procesáronse 514 no laboratorio. Os resultados do laboratorio mostraron que unha de cada 28 persoas deu positivo por Chagas. Aos pacientes confirmados fáiselles unha revisión médico antes de empezar o tratamento, que dura dous meses. É importante comprobar se os pacientes xa desenvolveron a enfermidade. "Se a persoa desenvolveu unha complicación cardíaca, por exemplo, hai pouco que poidamos facer para tratar a enfermidade", di o médico Herazo.

Durante o tratamento, o equipo de MSF visitou Genareros unha vez á semana. O seguimento é crucial, e os pacientes deben entender que a adherencia ao tratamento tamén. "A xente di, 'mi fillo estaba ben, e ao tomar os medicamentos saíronlle sarabullos na pel, dóelle a pierna... ' " conta Herazo. "Por iso é importante que os promotores da saúde visiten os pacientes e as súas familias e insistan unha vez máis en que o Chagas é unha enfermidade silenciosa e mortal. Fan fincapé na importancia de continuar o tratamento porque os efectos secundarios desaparecerán ao final do tratamento. Se paran o tratamento, o neno pode ter problemas de corazón ao longo da súa vida; non poderá traballar no campo, nin camiñar, cansarase por todo e mesmo pode morrer", explica Herazo.

En abril de 2010, os 11 nenos diagnosticados con Chagas en Genareros remataron o seu tratamento con éxito. Nun ano, Yosney e Maryeli terán que facer outra proba para confirmar que xa non teñen a enfermidade. Como seguen vivindo en casas onde habita o pito, insectos moi comúns en Genareros e outras comunidades indíxenas en Arauca, a reinfección é unha preocupación. Por iso, MSF está a premer as autoridades da saúde en Arauca para que fagan fumigacións regulares de insecticida, unha medida de control do vector esencial para reducir a transmisión do Chagas e previr a reinfección. "Estes 60 días de tratamento, a sensibilización, os efectos secundarios e as visitas á comunidade non terán ningún valor se nas casas seguen habitando os pitos e as persoas se reinfectan. Estamos a premer ás institucións médicas para que reforcen o control do vector á vez que lles mostramos que o tratamento da enfermidade é posible", afirma Herazo.

Voluntario/as galego/as nas II Xornadas Cívicas Europeas


Coincidindo coa presidencia española da Unión Europea, Malaga acolleu os pasados dias 7, 8 e 9 de maio as II Xornadas Cívicas Europeas, que baixo o título “Por unha cidadanía social europea” pretenden impulsar unha cidadanía participativa e activa, así como reforzar a función das ONGs como elemento de integración e cohesión social. Voluntario/ás de Solidariedade Internacional de Galicia participaron, xunto a máis de 700 persoas, deste encontro.

Ao longo de tres días e co apoio da Comisión Europea, o Goberno español e diferentes institucións rexionais e locais, as Xornadas Cívicas Europeas 2010 convertéronse nun espazo para a reflexión, o intercambio de ideas e de experiencias.

A loita contra a pobreza e a exclusión social -temática á que a Unión Europea dedicará o 2010-, a igualdade entre homes e mulleres, a nova sociedade intercultural, a educación en valores cívicos ou os dereitos económicos e sociais foron os eixes que vertebraron o contido destes tres días dedicados ao futuro de Europa e á necesidade de involucrar os cidadáns no proxecto europeo.

Solidariedade Internacional, como parte do Comité Organizador, tivo un papel importante na organización destas xornadas que contaron entre os seus relatores con Ana Alcalde, Directora da Fundación Solidariedade internacional con sede en Madrid.

Estas xornadas foron, a sú vez, o márco elixido pola Fundación e Asociacións Territoriais de Solidariedade Internacional para realizar o seu I Encontro de Voluntariado. Unha experiencia que permitiu abrir un novo espazo no que achegar e compartir o labor de todo/ás aquilo/ás que, dende distintos puntos do territorio español, contribúen a facer posible o labor de Solidariedade Internacional.

Neste encontro participaron representantes do voluntariado de Solidariedade Internacional Andalucía, Castela e León, Madrid, País Valenciano, País Vasco e Galicia que tiveron a oportunidade de expoñer as distintas iniciativas postas en marcha dende cada unha das súas asociacións, este é o caso do labor realizado polo/ás andaluces na área de inmigración, as actividades do voluntariado do País Vasco para achegar África a todo o mundo a través do Centro de Recursos Africanistas de Euskadi (CREA-AFRICA), e o traballo realizado por grupos de voluntariado en comercio xusto, sensibilización, formación e apoio loxístico que se leva a cabo en Madrid.

A delegación galega estivo formada por Jorge Rodriguez Vazquez (A Coruña), Paula Lopez Villa (A Coruña), Jessica Nunez Rego (A Coruña), Rubén Campo Gil (Vigo), M. Obdulia Guiance Miguez (Pontevedra) e Vanesa Alvite Pereira (Santiago). Entre todo/ás expuxeron ao resto de asistentes o traballo do voluntariado de Solidaredade Internacional de Galicia en áreas como o Comercio Xusto e a Educación para o Desenvolvemento.

Durante o Encontro concretáronse, así mesmo, os obxectivos e metas de traballo a alcanzar en 2011 polo voluntariado de todas as organizacións de Solidariedade Internacional. A pesar das diferentes circunstancias e contextos de cada organización, acordouse realizar un esforzo por harmonizar e coordinar as diferentes actividades de forma que a acción do voluntariado teña aínda maior repercusión tanto na organización coma na cidadanía en xeral.

jueves, 20 de mayo de 2010

Un testemuño haitiano en Galicia



Un representante da sociedade haitiana, Pitchon Espady, visitou Galicia fai só uns días invitado por Solidaridade Internacional de Galicia.

Coa intención de agradecer a colaboración do/ás miles de galego/ás que, a través de Solidariedade Internacional de Galicia, contribuíron a atender a emerxencia no seu país, Pitchon percorreu distintas localidades galegas nunha xornada que serviu tamén para recordar a importancia de manter a axuda que fará posible a reconstrución de Haití.

Dende o pasado 12 de xaneiro, no que a vida dun país xa asolado pola pobreza se vise truncada, dende Solidariedade Internacional de Galicia, ONGD con presenza na zona dende o ano 2004, puxéronse en marcha distintas iniciativas que tiñan como fin último recadar fondos que permitisen paliar a situación de emerxencia á que se enfrontaba a poboación haitiana.

Case 4 meses despues, Pitchon Espady, Coordinador da ONG haitiana CROSSE, visita España para expoñer a situación actual do seu país, agradecer a solidariedade de todo/ás aquilo/ás que contribuíron ao labor de CROSSE nos momentos da emerxencia e recordar que a axuda segue sendo necesaria. Un labor que, como el mesmo defendeu, se basea na construción dunha sociedade xusta baseada na equidade e a igualdade.

No seu paso por Galicia, Pitchon visitou a Axencia Humanitaria de Galicia, entidade que concedeu unha subvención a Solidariedade Internacional de Galicia por valor de 51.566,28 € para a compra de kits hixiénico-sanitarios, de refuxio e de alimentación para a poboación damnificada polo terremoto no Departamento Sueste. Esta visita incluíu unha reunión con Carola Diz Otero, Directora da devandita AHG.

Monforte de Lemos foi a seguinte parada, alí Pitchon foi recibido polo alcalde, Severino Rodriguez, así como polos voceiros municipais do Partido Popular e PSdG-PSOE respectivamente e a Presidenta da asociación de hostaleiros deste concello lucense que destinou 3.575 € ao pobo haitiano a través de Solidariedade Internacional de Galicia.

A visita incluíu tamén a proxección no concello do Carballiño do documental “Un día en Anse a Pitres: Un achegamento á Soberanía Alimentaria en Haití” dirixido por Alejandro Ramírez Anderson. Neste acto, a concelleira de Educación, Cultura e Xuventude desta localidade, Asunción Rivero, fixo entrega dun cheque por valor de 1.413 € a Solidariedade Internacional de Galicia, fondos que serán integramente destinados aos labores de post-emerxencia e reconstrución.

A estas e outras institucións, entre as que destacar ao Concello de Poio (Pontevedra), queremos agradecer a súa solidariedade e compromiso na loita contra a pobreza e a inxustiza social.

domingo, 16 de mayo de 2010

Multinacionais Europeas serán acusadas de cometer violacións dos dereitos humanos en América Latina

Amigos da Terra Internacional, xunto a outras organizacións sociais de América Latina e Europa, participa no Cumio dos Pobos "Enlazando Alternativas IV", que terá lugar do 14 ao 18 de maio en Madrid en paralelo á reunión oficial de xefes de estado da UE-América Latina e o Caribe, para denunciar os impactos das políticas da UE e as empresas transnacionais nos pobos e o medio en América Latina.

Unha sesión do Tribunal Permanente dos Pobos levarase a cabo no marco de Enlazando Alternativas para examinar algúns casos de violacións de dereitos humanos de empresas europeas en América Latina.

"En América Latina moitas das principais empresas europeas están seriamente involucradas en violacións de dereitos humanos e destrución do medio. Presentámonos ante a sesión do Tribunal dos Pobos con probas de violacións concretas por parte de transnacionais europeas aos DD.HH e ao medio, que non son atendidas nos mecanismos xurídicos existentes precisamente polo gran poder que teñen estas empresas nos nosos países, manifestou Sebastián Valdomir, Coordinador Internacional do Programa de Xustiza Económica de Amigos da Terra Internacional.

Grupos de Amigos da Terra de América Latina e o Caribe (ATALC) están a presentar probas por abusos e violacións cometidos por tres grandes empresas transnacionais europeas:

A empresa española de enerxía Unión Fenosa está acusada en Guatemala por impoñer altos prezos dá electricidade, cobramentos indebidos, cortes dá subministración e persecución dous dirixentes comunitarios que protestan contra a empresa. Este caso é presentado por CEIBA Amigos dá Terra Guatemala, en conxunto con outras organizacións centroamericanas que tamén protestan contra vos abusos de Unión Fenosa noutros países dá rexión. Particularmente en Guatemala, dende outubro de 2009, oito dirixentes sociais destacados non reclamo pola expulsión dá multinacional foron asasinados, catro deles en marzo de 2010.

A empresa forestal sueco-finlandesa Stora Enso está a ser acusada por NAT / Amigos dá Terra Brasil e REDES / Amigos dá Terra Uruguai, entre outras organizacións e movementos sudamericanos, por violar vos dereitos dous traballadores en Brasil, por deforestación, redución dá auga dispoñible en comunidades veciñas dás súas plantacións, violación dá lexislación territorial e un forte lobby sobre ás autoridades -incluíndo ou financiamento de campañas políticas- para debilitar ás leis ambientais.

A empresa cementeira suíza Holcim está a ser denunciada por CENSAT Auga Viva / Amigos da Terra Colombia, CEIBA / Amigos da Terra Guatemala, e Otros Mundos / Amigos da Terra México, pola súa presenza nestes países, onde provocou impactos na saúde das comunidades próximas ás súas explotacións cementeiras, afeccións respiratorias e intoxicacións, contaminación ambiental con refugallos industriais e graves impactos sobre a auga, a agricultura de subsistencia e os dereitos á terra das comunidades indíxenas e campesiñas.

O cumio oficial UE-ALC pretende avanzar nunha asociación estratéxica entre ambas as dúas rexións baseándose principalmente nas negociacións de libre comercio. Para a UE, estes Tratados de Libre Comercio favorecerán aspectos como a innovación e as tecnoloxías axeitadas como motor do desenvolvemento sostible, o abatemento da pobreza e a inclusión social, pero os efectos nos países latinoamericanos son moi distintos.

"A UE di estar a estimular o desenvolvemento sostible e a inclusión social, pero as políticas e mecanismos comerciais que está a defender promoven falsas solucións que teñen consecuencias desastrosas para o xente e medio en América Latina. Por exemplo, a demanda europea de agrocombustibles está a causar estragos nos países onde as plantacións a grande escala xeran enormes problemas sociais e ambientais, e coloca a soberanía alimentaria en alto risco expresou Christine Pohl, de Amigos da Terra Europa.

En particular os acordos de libre comercio e a liberalización dos investimentos que se están a negociar actualmente baixo a estratexia chamada Europa Global da UE favorecen unicamente ao capital financeiro e ás empresas transnacionais, expresou Christine Pohl.

Os grupos de Amigos da Terra tamén organizan actividades públicas en Madrid para propoñer alternativas a estas relacións entre a UE e América Latina baseadas exclusivamente nas negociacións de libre comercio e en xerar máis condicións de negocio para as multinacionais.

O día 13 de maio grupos de Amigos da Terra organizan unha xornada sobre os impactos en América Latina do modelo enerxético europeo, con especial énfase no debate dos agrocombustibles.

sábado, 15 de mayo de 2010

Entrega oficial de vivendas a damnificados do terremoto de Haití

Un grupo de colaboradores e amigos de Mensaxeiros da Paz, encabezados polo Padre Angel, viaxarán dende Madrid o próximo martes 18 de maio, para participar nestes actos e coñecer a marcha dos proxectos de axuda e reconstrución desta ONG en Haití e en República Dominicana.

O próximo 19 de maio, coa presenza do Padre Angel García, presidente de Mensaxeiros da Paz e dun grupo de cooperantes e colaboradores de Mensaxeiros da Paz desprazados dende España, terá lugar o acto de entrega oficial das vivendas construídas no campo de desprazados de Tabarré (Haití), ás familias beneficiarias que perderon as súas casas no terremoto do pasado 12 de xaneiro. Este campamento, situado nunha zona moi pobre aos arredores de Porto Príncipe agrupa a unhas 2.000 persoas. Foi un dos moitos campamentos de desprazados que se orixinaron de forma espontánea entre os habitantes da destruída capital de Haití, abeirándose baixo plásticos e sabas suxeitas con paus e carecendo de todo tipo de medios materiais e infraestruturas hixiénico-sanitarias.

Mensaxeiros da Paz, dende que asumiu a atención deste campo, subministrou alimentos e materiais básicos aos desprazados, ademais doutras axudas materiais e apoio social e psicolóxico. Neste tempo realizáronse importantes obras de limpeza, achandado e preparación do terreo para dar acubillo ás familias, ben en tendas de campaña resistentes, ou ben en pequenos apartamentos en casas construídas en madeira, con chan e cuberta firme, instalándose duchas e latrinas e un xerador eléctrico, así como un pozo de auga. Tamén se construíu un barracón de madeira para usos múltiples e onde se pon, entre outros servizos, atención médica á poboación, e se prepararon e equipado autobuses-escola dende os que se dá educación aos nenos dos campamento. Con todos estes servizos, o campamento de Tabarré transformouse nunha pequena cidade solidaria onde os seus residentes poidan ter garantidos os servizos mínimos no seu día a día.

Ademais do citado campo de Tabarra, Mensaxeiros da Paz e Infancia sen Fronteiras ocúpanse da atención aos desprazados noutro campo situado na zona de Duval, onde viven máis de 1.600 damnificados.

O mesmo día, terá lugar a Inauguración dun Centro de Día para persoas maiores con capacidade para 100 prazas, nos arredores de Porto Príncipe (Haití). Este centro pretende paliar as necesidades asistenciais de persoas maiores que tras o terremoto viven sós, sen ningún tipo de apoio ou supervisión no seu coidado. O Centro de Día posto en marcha por Mensaxeiros da Paz atenderá a 100 anciáns que procedentes do ámbito e que se encontran en situación de necesidade económica, desamparo social, ou desnutrición. O centro ofreceralles alimentación, terapia ocupacional, actividades lúdicas, servizos de aseo e hixiene, sala de xogos, apoio social e psicolóxico, e charlas e talleres.

O Padre Angel e o grupo de españois tamén viaxarán a República Dominicana onde visitarán o Fogar de Acollida "O Refuxio", que Mensaxeiros da Paz e Infancia sen Fronteiras manteñen aberto en Santo Domingo, onde os menores haitianos non acompañados, que foron evacuados despois o terremoto a centros sanitarios dominicanos, reciben a atención e protección necesaria, unha vez dados de alta hospitalaria. Os nenos son atendidos no fogar ata que poidan retornar ao seu país, mentres se localiza os seus familiares. O obxectivo principal deste centro é a protección dos nenos e nenas: a súa alimentación, aloxamento, coidados médicos, atención afectiva e psicolóxica, e a busca dos seus familiares para a súa reunificación.

Durante a súa estanza en Santo Domingo celebrarase un acto solidario a favor de Haití organizado por La Cámara Oficial Española de Comercio e Industria en República Dominicana, La Casa de España, e El Centro Asturiano de Santo Domingo.

Outras actividades emprendidas por Mensaxeiros da Paz e Infancia Sin Fronteras por Haití foron o envío de máis de 200 toneladas de medicamentos, material sanitario e de primeira necesidade: auga, alimentos non perecedoiros e roupa, axuda que foi distribuída en Haití por Mensaxeiros da Paz, e a AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento) en colaboración con Nacións Unidas. Igualmente, durante estes catro meses, trasladáronse cooperantes e equipos sanitarios (médicos e enfermeiras) que colaboraron atendendo feridos en diversos hospitais haitianos onde tamén se destinaron parte dos medicamentos e material médico enviados, xa que ata a chegada de Mensaxeiros da Paz non recibiran ningunha axuda. Para este fin, Mensaxeiros da Paz abriu unha ponte aérea humanitaria entre o Aeroporto de Les Cayes en Haití e o de Santo Domingo na República Dominicana, grazas á colaboración de varias liñas aéreas e Nacións Unidas, que posibilitou o acceso á axuda á poboación do Sur e Leste de Haití, evitando o colapso de Porto Príncipe e a lenta e penosa viaxe da axuda por estrada dende a República Dominicana.

Nunha segunda etapa, estas ONG formúlanse igualmente colaborar na reconstrución de escolas e hospitais haitianos.

Mensaxeiros da Paz e Infancia sen Fronteiras agradecen a AIR EUROPA a súa colaboración no trasporte de persoas e materiais nesta viaxe e en todos os que anteriormente se realizaron en relación coas súas accións de axuda a Haití

Para todos aqueles que queiran colaborar con esta causa, estes son os números de conta onde poden facer os seus donativos.

viernes, 14 de mayo de 2010

Kalandraca presenta coa Fundación Meniños un libro solidario de Manuel Rivas e Aitana Carrasco


“Milu”, con texto de Manuel Rivas e ilustracións de Aitana Carrasco, editado por KALANDRAKA, vai servir para que moitos nenos e nenas que viven nunha situación cómoda e que contan coa protección dos seus maiores, saiban que moi preto deles existe outra realidade antagónica: nenos e nenas que viven nunha situación precaria a nivel afectivo, social e económico. O libro de “Milu” é froito da perseverancia da Fundación Meniños, impulsando dende hai tempo este proxecto editorial solidario que vai permitir que se leven a cabo programas de intervención social e de acollemento familiar con nenos e nenas desamparados: Manuel Rivas cédelle á Fundación Meniños os seus dereitos de autor, Aitana Carrasco contribúe tamén con esta causa cedendo a imaxe da protagonista da historia para que Meniños a poida utilizar nas súas campañas de sensibilización, e ademais KALANDRAKA cede un 10% das vendas do álbum.

Anticipando a celebración do Día da Familia, este sábado 15 de maio, moitas persoas acudiron onte á presentación de “Milu” na Fundación Luis Seoane da Coruña: profesionais vencellado a Meniños, libreiros e bibliotecarios, e tamén a concelleira de Servizos Sociais da Coruña, Silvia Longueira, acompañaron o vicepresidente de Meniños, Xosé Manuel Villanueva, o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, e o autor da obra, Manuel Rivas. Quedou en Valencia Aitana Carrasco, de cuxas ilustracións Manuel Rivas destacou que “a maleta de Milu xa forma parte da mellor iconografía galega”, posto que nos identifica como “país de emigrantes e náufragos” e ponnos en sintonía co resto da humanidade que tamén comparte esa condición errante.

“Milu” existía xa antes de converterse na protagonista do relato literario de Manuel Rivas, que se referiu ao personaxe como “un corpo aberto que pode incorporar, simbolizar e darlle abrigo a moitas vidas e moitos rostros diferentes”. O autor logrou algo tan sinxelo como complexo: plasmar a historia que a propia Milu lle foi contando de si mesma, a súa aparente soidade trala que se agocha unha sorprendente capacidade para relacionarse coas cousas que a rodean. Así é como Milu, tecendo unha especie de “panteísmo de amizade”, converte unha pequena televisión “nun ser marabilloso” no que atopa refuxio e compaña fronte ao seu contexto familiar adverso.
Quen se achegue a “Milu” fará unha lectura “realista, mais non de xeito topicamente realista”: Milu representa a moitos nenos e nenas cuxos pais ou titores atravesan circunstancias desfavorables que os incapacitan de forma temporal ou permanente para satisfacer as súas necesidades básicas; nenos e nenas que precisan de apoio externo para seguir medrando en condicións dignas, no marco dun fogar de acollida; nenos e nenas que conseguen saír adiante grazas a que colectivos como a Fundación Meniños se preocupan deste sector tan sensible da poboación.
“Porque a atención á infancia é un baremo para medir a saúde dunha sociedade”, concluía Manuel Rivas, a historia de Milu transmite esperanza e o libro no que se conta a súa historia aspira a ser un bo amigo nesta viaxe polos sentimentos, as emocións e a imaxinación.A Convención sobre os Dereitos da Infancia recoñece que todos os nenos e nenas teñen dereito a medrar nunha familia. Sen embargo, en España hai máis de 15.000 rapaces que carecen dese dereito e viven en centros de menores, moitos deles sen apenas contacto coas súas familias biolóxicas.

Nos seus 14 anos de traxectoria, a Fundación Meniños atendeu unhas 6.000 familias e uns 9.000 menores, dos cales un milleiro pertencen ao balance de actuacións do pasado ano. Como dixo Manuel Rivas na presentación de “Milu”, a Fundación Meniños é “un lugar onde se produce harmonía, un lugar de rescate, de esperanza”.

EAPN-É recibe a medalla de ouro de Cruz Vermella Española


La Comisión de Distinciones de Cruz Vermella Española concedeu a Medalla de Ouro da Institución á Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social en España (EAPN-É), en recoñecemento ao eficaz e meritorio labor no impulso de actuacións comprometidas coa inclusión social das persoas máis vulnerables. En representación da Rede, o seu presidente, Carlos Susías Rodado, recibiu o galardón de mans da súa Alteza Real, a Infanta Dona Cristina.

Este premio recoñece o labor de EAPN-É como unha Rede de entidades comprometidas na loita contra a pobreza e a exclusión social. Este compromiso recibiu un novo impulso este ano 2010, dedicado á loita contra esta problemática que afecta a máis de 80 millóns de persoas en Europa. Neste sentido, EAPN-É traballa para que a nova Estratexia 2011-2020, herdeira da Estratexia de Lisboa, sitúe a loita contra a pobreza e a exclusión social no centro da axenda política comunitaria, máis en tempos de crise.




Tamén foron galardoadas a Cruz Vermella haitiana, a chilena e a sudafricana; a Fundación Castelán-Manchega de Cooperación; o Proxecto integral de atención a inmigrantes de Baena (Córdoba); o Proxecto integral de atención a mulleres vulnerables e vítimas da violencia de xénero de Gijón (Asturias); Ricardo Diéz Hochleitner, ex presidente do Club de Roma; María del Carmen Cabellos, que dedicou toda a súa vida profesional aos servizos sociais.

domingo, 9 de mayo de 2010

Santiago de Compostela será o escenario elexido para o Foro Mundial da Educación 2010

O FORO MUNDIAL DA EDUCACIÓN 2010 celebrarase en Santiago de Compostela a finais de ano como remate do Xacobeo. Trátase de tres congresos internacionais do máximo interese (Información e dereitos humanos; O dereito humano á paz e Memoria, reconciliación e cultura de paz), unha Reunión de Alto Nivel do Grupo da Alianza de Civilizacións de Nacións Unidas coa Comisión de Premios Nobel da Paz e os Coordinadores do Decenio da Cultura da Paz da ONU, e o FORO MUNDIAL DE EDUCACION (FME) TEMÁTICO sobre "Educación, investigación e cultura de paz", por primeira vez en Europa, co apoio do Foro Social Mundial (FSM).

Ademáis, durante todo o mes, en diferentes espacios expositivos da cidade haberá Cinema e Dereitos Humanos, cómic e banda deseñada, literatura infantil e xuvenil antibelicista, fotoxornalismo (Gervasio Sánchez, Grupo Revela), Música (Festival Mundial da Paz, Juanes, Miguel Bosé... ou a actuación da World Peace Orquestra).

O Foro Mundial de Educación (FME) é un espazo aberto de debate democrático de ideas, de afondamento da reflexión, formulación de propostas, intercambio de experiencias e articulación de movementos sociais, redes, ONGs e outras organizacións da sociedade civil que se opoñen ao neoliberalismo e á opresión das persoas fronte ao capital e que denuncian calquera forma de imperialismo.

O Foro Mundial de Educación caracterízase pola súa pluralidade e diversidade, tendo un carácter non confesional, non gobernamental e non partidario. O FME non é unha entidade e non pretende ser unha instancia representativa da sociedade civil galega ou mundial.

Baixo o lema "Educación, Investigación e Cultura de Paz" celebrarase en Santiago de Compostela (Galicia) o Foro Mundial da Educación temático (FMEt) sobre "Educación, Investigación e Cultura de Paz", entre os días 10 e 13 de Decembro de 2010, sobre a base da Carta de Principios do Foro Social Mundial (FSM), con actividades autoxestionadas por organizacións e movementos sociais de todo o mundo.

O FMEt terá lugar no Auditorio de Galicia e no seu ámbito universitario (Facultades de Ciencias dá Comunicación, Filoloxía e Económicas).

Santiago de Compostela e Galicia enteira serán, en Decembro de 2010, a referencia mundial da educación e a cultura da paz.

Toda a información, matrículas, inscricións de actividades autoxestionadas para o FME, reservas, etc. están na web: www.foro2010.org

martes, 4 de mayo de 2010

A directiva da Rede Galega Contra a Pobreza traslada a súa acción social á secretaría xeral de Familia e Benestar


A Directiva da Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN-Galicia) acaba de reunirse coa secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, para trasladarlle importantes preocupacións das entidades de acción social que traballan en Galicia.

A delegación visitante aproveitou o encontro en Santiago para facerlle entrega á secretaria xeral do ‘Manifesto por unha Cidadanía Inclusiva’, no que se recollen as conclusións do I Encontro por unha Cidadanía Inclusiva, organizado por EAPN-Galicia o pasado 10 de abril. A organización ofreceuse a participar no debate sobre as bases da nova Lei de Inclusión Social, a través dos espazos de consulta que a Consellería de Traballo e Benestar comezará a impulsar para o Terceiro Sector.

EAPN-Galicia presentou tamén unha serie de propostas para dinamizar os vixentes órganos de consulta e asesoramento no eido social, ademais de interesarse de xeito concreto pola posta en marcha do Consello Galego de Benestar.


Rede de Centros de Inclusión Social

Outras das cuestións presentadas centrouse na creación da Rede de Centros de Inclusión Social, prevista no II Plan Galego de Inclusión Social. A secretaria xeral coincidiu na urxencia de dar un paso máis aló na regulamentación que atinxe a estes centros, aproveitando recursos existentes pero incrementando as esixencias cunha mellor dotación de profesionais e recursos materiais.

Susana López Abella compartiu tamén a necesidade de aplicar un verdadeiro enfoque sociosanitario na planificación e execución de intervencións e respostas, e comprometeuse a estudar, unha vez composta a Comisión Interdepartamental, a creación dunha Subcomisión Sociosanitaria no seu seo.

Cláusulas sociais na contratación pública

Os representantes de EAPN-Galicia e a secretaria xeral de Familia e Benestar debateron tamén sobre a prestación de recursos por parte das entidades sociais. Neste eido está a producirse un cambio de modelo nos últimos anos, pasándose da subvención á contratación de servizos.


Neste novo escenario, EAPN-Galicia propón que as administracións consideren novas vías para estimar o valor dos servizos; a introdución de indicadores para o baremo dos obxectivos sociais nos procesos de contratación pública; ou a extensión do uso da reserva de mercado a todos os ámbitos da exclusión social, máis aló da discapacidade.

A secretaria xeral mostrouse moi interesada polo coñecemento dos diversos enfoques que a nivel práctico se lle está a dar á introdución de cláusulas sociais e reserva de mercados protexidos nos procesos de contratación pública noutras Autonomías coma Navarra ou Cataluña.


Unión de entidades sociais

A Rede Galega contra a Pobreza nace en setembro de 2008 coa finalidade de agrupar e aunar os esforzos das entidades galegas do terceiro sector implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión social a través da defensa dos dereitos e a participación social plena destes colectivos.

EAPN-Galicia é membro da Red de Lucha contra la Pobreza y la Exclusión Social en el Estado Español-EAPN-ES- e forma parte da European Anti Poverty Network -EAPN- unha coalición independente de ONG e outros grupos involucrados na loita contra a pobreza e a exclusión social nos estados membros da Unión Europea. Está formada polas seguintes entidades: Fundación Secretariado Xitano, Fundación Meniños, Cruz Vermella, Down Galicia, Asociación Plataforma polo Emprego, FEAFES: Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais de Galicia, COGAMI: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, IGAXES3, Emaús Fundación Social, Cáritas Diocesana de Ourense, Cáritas Diocesana Tui-Vigo, Federación Autismo Galicia, Asociación Galicia Acolle, ACCEM Galicia.

Nace unha plataforma on-line de voluntariado


Nace unha plataforma on-line de voluntariado que ten como obxetivo convertirse en punto de encontro entre os que axudan a cambiar o mundo e os que queren axudar a cambialo.

Sensibilizar e participar son os dous obxectivos clave da Plataforma, dous obxectivos buscan que fomentar a difusión de valores solidarios e realizar unha chamada á acción. Obxectivos que ratifican que cambiar o futuro está nas nosas mans.

A Plataforma, www. 46664voluntarios.es nace:

- Como punto de encontro entre organizacións con iniciativas sociais e persoas que queiran exercer unha acción de voluntariado

- Como canle de comunicación engadida, grazas a que cada organización conta con:

- Publicación do seu perfil e labor

- Publicación de experiencias e testemuños

- Publicación das oportunidades de voluntariado

- Como unha ferramenta social sinxela, clara e que facilita ás organizacións a xestión das súas oportunidades de participación voluntaria.

Axúdanos a demostrar que é posible construír unha realidade mellor co apoio de todos.
Coñece o proxecto en www.46664voluntarios.es