viernes, 21 de mayo de 2010

Chagas: a loita contra unha enfermidade silenciosa en Colombia

Angela vive en Genareros, unha comunidade indíxena na rexión de Arauca, Colombia. En abril, dous dos seus sete fillos remataron o tratamento para Chagas, unha enfermidade transmitida por un insecto común nas zonas rurais, onde a poboación vive casas de barro e palla. Mentres Yosney e Maryeli, os dous fillos máis novos de Angela, celebraban o fin do seu tratamento, dous dos seus irmáns descubrían que tamén padecen a enfermidade.

A enfermidade de Chagas é endémica na maioría de países latinoamericanos. En Colombia, Arauca é unha das zonas máis afectadas. É unha enfermidade infecciosa provocada polo parasito Tripanosoma cruz. Un insecto coñecido como vinchuca ou pito é o que transmite o parasito ás persoas. O Chagas tamén pode transmitirse por transfusións de sangue, de nais a fillos e, con menos frecuencia, a través de transplantes de órganos ou pola inxestión de alimentos contaminados. Os síntomas poden pasar desapercibidos durante moitos anos. Non obstante, se non se trata pode traer problemas de saúde graves como complicacións de corazón ou intestino ou mesmo a morte.

A finais de 2009, MSF integrou o tamizaje e tratamento de Chagas nos servizos primarios de saúde a través das súas clínicas móbiles en Arauca, unha zona afectada polo conflito na fronteira con Venezuela. É a primeira vez que MSF trata o Chagas nunha zona de conflito. "É un gran reto porque o tratamento require un seguimento continuo durante dous meses, e sempre hai a preocupación de que non poderemos chegar á comunidade por restricións de seguridade ou porque un grupo armado declara un alto nos movementos por estrada na rexión", afirma Patrick Swartenbroekx, coordinador do proxecto de MSF en Tame.

A primeira comunidade que MSF tamizó foi Genareros, onde Angela vive cos seus sete fillos. Das 97 mostras de sangue extraidas de nenos entre 9 meses e 18 anos, confirmáronse 11 positivas por Chagas. "Foi unha sorpresa encontrar un nivel tan alto en Genareros. Por sorte, non encontramos niveis tan altos cando tamizamos outras comunidades, afirma o responsable médico do proxecto de MSF en Arauca, Rafael Herazo.

Polo momento, o equipo de MSF en Arauca recolleu 1.617 mostras de sangue en 10 comunidades e procesáronse 514 no laboratorio. Os resultados do laboratorio mostraron que unha de cada 28 persoas deu positivo por Chagas. Aos pacientes confirmados fáiselles unha revisión médico antes de empezar o tratamento, que dura dous meses. É importante comprobar se os pacientes xa desenvolveron a enfermidade. "Se a persoa desenvolveu unha complicación cardíaca, por exemplo, hai pouco que poidamos facer para tratar a enfermidade", di o médico Herazo.

Durante o tratamento, o equipo de MSF visitou Genareros unha vez á semana. O seguimento é crucial, e os pacientes deben entender que a adherencia ao tratamento tamén. "A xente di, 'mi fillo estaba ben, e ao tomar os medicamentos saíronlle sarabullos na pel, dóelle a pierna... ' " conta Herazo. "Por iso é importante que os promotores da saúde visiten os pacientes e as súas familias e insistan unha vez máis en que o Chagas é unha enfermidade silenciosa e mortal. Fan fincapé na importancia de continuar o tratamento porque os efectos secundarios desaparecerán ao final do tratamento. Se paran o tratamento, o neno pode ter problemas de corazón ao longo da súa vida; non poderá traballar no campo, nin camiñar, cansarase por todo e mesmo pode morrer", explica Herazo.

En abril de 2010, os 11 nenos diagnosticados con Chagas en Genareros remataron o seu tratamento con éxito. Nun ano, Yosney e Maryeli terán que facer outra proba para confirmar que xa non teñen a enfermidade. Como seguen vivindo en casas onde habita o pito, insectos moi comúns en Genareros e outras comunidades indíxenas en Arauca, a reinfección é unha preocupación. Por iso, MSF está a premer as autoridades da saúde en Arauca para que fagan fumigacións regulares de insecticida, unha medida de control do vector esencial para reducir a transmisión do Chagas e previr a reinfección. "Estes 60 días de tratamento, a sensibilización, os efectos secundarios e as visitas á comunidade non terán ningún valor se nas casas seguen habitando os pitos e as persoas se reinfectan. Estamos a premer ás institucións médicas para que reforcen o control do vector á vez que lles mostramos que o tratamento da enfermidade é posible", afirma Herazo.