lunes, 31 de mayo de 2010

Polo menos 16 mortos no asalto á flotilla solidaria que leva alimentos e axuda humanitaria a Palestina

O asalto efectuado este luns pola Armada israelí contra o buque turco que encabezaba a flotilla solidaria á Franxa de Gaza, que causou polo menos 16 mortos, produciuse en augas internacionais e foi levado a cabo con munición real, segundo indicou a edición dixital da cadea de televisón Al Yazira.

Polo menos 16 persoas morreron e decenas resultaron feridas (incluídos catro soldados), segundo a Radio do Exército israelí. O barco que lideraba a flotilla, o 'Mavi Marmara', foi atacado a 65 quilómetros das costas de Gaza mediante unha abordaxe apoiada por helicópteros. Segundo o enviado especial de Al Yazira a bordo do barco, Jamal Elshayyal, os militares israelís utilizaron munición real durante a operación.

O Exército israelí asegurou nun comunicado que as súas tropas non atacaron", senón que se limitaron "a facer cumprir a orde do Goberno israelí de impedir unha entrada non autorizada na Franxa de Gaza que non se coordinara coas autoridades israelís". Así mesmo, indicou que os seus soldados abriron lume "despois de enfrontarse ás persoas que había a bordo, que ían armadas con obxectos punzantes,".

A organización que puxo en macha a flotilla, o Movemento Gaza Libre, asegurou que as tropas abriron lume "inmediatamente despois" de abordar o barco.

Anteriormente, a Armada israelí contactara co capitán do 'Mavi Marmara' para instalo a identificarse e a informar do rumbo que levaba o barco. Pouco despois, dous buques da Armada hebrea rodearon a flotilla, que cargaba alreadedor de 10.000 toneladas de material humanitario con destino á Franxa de Gaza.

A flotilla desafiara o bloqueo imposto por Israel á Franxa de Gaza e rexeitou a oferta das autoridades israelís de entregar elas mesmas as axuda aos palestinos. Esta flotilla é unha provocación que busca deslexitimar a Israel. Querían entregar en Gaza unha carga que poderían ter enviado a través de Israel, como se fai diariamente," afirmou o Exército.