lunes, 31 de mayo de 2010

Tres españois viaxan a bordo da Flotilla da Liberdade asaltada por soldados iraelís

Polo menos tres españois viaxan a bordo da 'Flotilla da Liberdade', formada por seis barcos que se dirixían con axuda humanitaria á Franxa de Gaza e que hoxe foi asaltada por soldados israelís.

A organización Cultura, Paz e Solidariedade asegura que se trata dos cooperantes Manuel Tapial e Laura Arau e o xornalista de Telesur David Segarra. Os voluntarios uníronse ao convoi o sábado 22 de maio dende o porto de Istanbul, día no que partiu a misión.

A ONG recibiu a última noticia de Manuel Tapial a través da rede social Facebook ás 4.00 horas deste luns na España peninsular. Dende entón, foi imposible a comunicación coa expedición humanitaria.

Ao parecer, comandos israelís descenderon dende un helicóptero sobre a cuberta do barco turco e fixéronse co control do navío, no que viaxan máis de 600 persoas. O balance de persoas falecidas é de 16, segundo a televisión privada israelí Channel 10, mentres que o número de feridos ascende 50, segundo a ONG.

O Exército israelí informou este luns nun comunicado que eles non "atacaron" a flotilla humanitaria que se dirixía á Franxa de Gaza con axuda humanitaria, senón que se limitaron a facer cumprir a orde do Executivo de Tel Aviv de impedir calquera entrada non autorizada ao enclave palestino.

Non atacamos ningún barco, limitámonos a facer cumprir a orde do Goberno israelí de impedir unha entrada non autorizada" "na Franxa de Gaza que non se coordinara coas autoridades israelís", afirma o comunicado.

Esta flotilla é unha provocación que busca deslexitimar a Israel. Querían entregar en Gaza unha carga que poderían ter enviado a través de Israel, como se fai diariamente," engadía o comunicado, recollido por CNN.

A flotilla de barcos, que portan 10.000 toneladas de material humanitario, desafiaron o bloqueo naval a que Israel somete a Franxa de Gaza e rexeitaron a oferta por parte de Israel de entregar a axuda aos palestinos a través das autoridades israelís.

Dende mediados de 2007, cando o Movemento de Resistencia Islámico Hamás, ao que Tel Aviv considera terrorista, se fixo co poder na Franxa de Gaza, Israel somete este enclave a un duro bloqueo naval e terrestre.

A finais de 2008, na operación 'Chumbo Fundido, o Exército israelí asasinou en torno a 1.300 palestinos deste territorio e provocou cuantiosos danos nas súas infraestruturas básicas.