Durante os próximos días 28 e 29 de xuño celebrarase na capital galega un encontro que analizará a eficacia do traballo das organizacións da sociedade civil europea en materia de desenvolvemento.
No evento, reflexionarase sobre as propostas de desenvolvemento máis innovadoras dirixidas a mellorar a eficacia dos proxectos de cooperación para que contribúan realmente á erradicación da pobreza. Na situación de crise actual, que afecta e afectará moi notablemente á Cooperación ao Desenvolvemento, e coa recente aprobación en Galicia do II Plan Director de Cooperación; este encontro enmárcase nun delicado contexto no que as propostas para a mellora da eficacia e a incidencia e compromiso das organizacións da sociedade civil son dunha importancia indispensable.
Para acadar os obxectivos do evento, discutiranse estratexias relativas á coordinación entre as propias organizacións, á transparencia nas súas contas e, ademais, analizaranse as accións de mobilización e cambio social levadas a cabo nos países enriquecidos que buscan contribuír á promoción do desenvolvemento nos países empobrecidos.
Por outra banda, representantes de organizacións europeas explicarán o papel das ONGD en Europa á hora de influír nas políticas de axuda da UE e do seus Estados membro, unha liña de análise fundamental tendo en conta que a UE é actualmente o primeiro doador mundial de Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD).
Sobre como acadar estes obxectivos do xeito máis eficaz posible debaterase os días 28 e 29 de xuño no Centro Social de Caixanova (Pl. Cervantes) no Foro sobre eficacia das organizacións da sociedade civil europea no Desenvolvemento. Un encontro organizado pola Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD) e a Coordinadora de ONG para el Desarrollo –España (CONGDE), coa colaboración da Confederación de ONG Europeas de Emerxencia e Desenvolvemento (CONCORD) e o Open Fórum para a Eficacia das OSC de Desenvolvemento.
O martes día 29 de xuño inaugurará a Consulta Europea ás 9:00 horas, Jesús Gamallo, Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE; Eduard Soler Cuyàs, membro da Xunta de Goberno de Concord; e Xosé María Torres Bouza, Presidente da Coordinadora Galega de ONGD.