martes, 8 de junio de 2010

A vida dos migrantes e refuxiados en Suráfrica

Darryl Evans, Suráfrica.- A realidade é sombría para as miles de persoas que se viron obrigadas e emigrar e os refuxiados que chegan a Suráfrica e que viven nas marxes da sociedade.

En xuño de 2009, Médicos Sin Fronteras (MSF) publicou un informe, "Sen Refugio, Acceso Denegado", que esbozaba os graves riscos que debían asumir os cimbabueses para cruzar a fronteira, as perigosas condicións nas que vivían unha vez alcanzada Suráfrica e a súa falta de acceso á atención sanitaria. Transcorrido case un ano, a súa situación segue sendo desesperada: por un lado, seguen sen non poder acceder a unha atención médica axeitada e seguen sen dispoñer de refuxio. Por outro lado, continúan enfrontándose día tras día a multitude de problemas debidos á falta de seguridade, entre os que se contan todo tipo de agresións, ataques xenófobos e un permanente acoso policial. Ademais, resúltalles dificilísimo, cando non imposible, obter un status legal formal que lles permita permanecer no país. Ao cruzar a fronteira, os emigrantes son axexados por bandas. E cando logran chegar a algunha cidade, moitos viven durante tempo en deplorables condicións de vida, especialmente os que tratan de refuxiarse en edificios abandonados de Johannesburgo.

Algúns sudafricanos especialmente vulnerables tamén teñen que afrontar unha situación similar que as dos emigrantes.

Dende 2007, MSF leva a cabo dous proxectos en Suráfrica encamiñados a responder ás necesidades sanitarias das persoas que se viron obrigadas e emigrar e os refuxiados.

As clínicas de MSF en Musina, cidade próxima á fronteira con Zimbabwe, ofrecen atención primaria, apoio psicolóxico e derivacións a hospitais e centros especializados para doenzas crónicas como o VIH/Sida e a tuberculose. O persoal de Musina despraza así mesmo clínicas móbiles ás granxas próximas, xa que alí traballan moitos emigrantes especialmente vulnerables.

O presente documento céntrase na perigosa viaxe que levan a cabo as numerosas persoas que cruzan a fronteira con Suráfrica, nas deplorables condicións de vida que deben afrontar os emigrantes unha vez alí, e no que MSF considera que segue sendo unha moi precaria situación sanitaria. Como organización médica, MSF expresa unha vez máis a súa grave preocupación pola saúde e a vida de miles de persoas que se ven obrigadas a emigrar coa única intención de sobrevivir ou encontrar refuxio.
A organización médica humanitaria apunta que se debe dar a coñecer o alto risco de sufrir unha agresión sexual que corren aquelas persoas provenientes de Zimbabwe, e estima necesario que a estas persoas se lles conceda un status formal que lles permita entrar de xeito legal no país, xa que esta sería un xeito de evitar que se vexan forzadas a cruzar de xeito irregular e reduciría o risco de exposición a esta violencia extrema.

MSF pide que se garanta o acceso a refuxio e á atención primaria para as persoas que se viron obrigadas e emigrar, os refuxiados e os sudafricanos en situación de vulnerabilidade, así como para os que viven nalgúns refuxios perigosos de Johannesburgo.

MUSINA: FUXIR DE PENURIAS PARA INTERNARSE NA INSEGURIDADE E O
LIMBO LEGAL

A pesar da proclamación do Goberno de Unidade Nacional de Zimbabwe en febreiro de 2009, a xente do país aínda vive nun estado de crise humanitaria e segue fuxindo a diario a través da fronteira con Suráfrica. Por termo medio, 300 persoas, no seu maior parte cimbabueses, solicitan asilo cada día na Oficina de Recepción de Refuxiados do Departamento do Interior en Musina.

Entre elas hai moitos menores non acompañados, que son especialmente vulnerables e que teñen necesidades específicas en materia tanto de saúde coma de seguridade. A maior parte dos nenos cruzan a fronteira sós, ben porque os seus pais os envían a Suráfrica coa intención de que gañen algo de diñeiro, ou para que se reúnan con familiares residentes en Suráfrica. Outros moitos van en busca de poder seguir unha educación.

Chegar a Suráfrica é unha auténtica carreira de obstáculos para todo o que intente cruzar a fronteira dende Zimbabwe. Conseguir un pasaporte custa 150 USD (dólares americanos), prezo prohibitivo para a maioría das persoas que non teñen traballo.

Logo, hai que atravesar irregularmente o río Limpopo e a maleza, expoñéndose a caer vítima dos criminais violentos que axexan ambos os dous lados da fronteira.

O certo é que hai un ano, o Departamento do Interior prometeu crear unha exención especial para facilitar o proceso aos emigrantes que cruzasen a fronteira, pero esta norma nunca se chegou a implementar.

En Musina, os recén chegados poden levar a cabo nun só día un proceso para solicitar asilo en Suráfrica. Isto permítelles desprazarse logo a outras zonas do país, antes de asistir a unha entrevista na que se determinará se se lles concede ou non o status de refuxiado. Algúns tratan de encontrar emprego temporal nalgunha das granxas próximas Pacientes na clínica de Musina.