Con motivo do Día Internacional das Poboacións Indíxenas, Intervida denuncia a discriminación que seguen padecendo os pobos indíxenas.
Os indíxenas seguen padecendo a inxustiza da pobreza que amedrenta tras a condición da súa propia etnia. En Guatemala, un dos países con máis poboación indíxena, o 73% deles son pobres. O perfil do máis discriminado e oprimido deste grupo ten xénero feminino e vive fóra da cidade. O tamén chamado pobo orixinal engloba a 5.000 pobos e a inmensa maioría dos 370 millóns de indíxenas do mundo viven na miseria, con menos dun dólar ao día. A pesar diso, seguen sendo invisibles a ollos da comunidade internacional.
No día internacional das poboacións indíxenas, o próximo 9 de agosto, hai que recordar que os indíxenas habitan 7 de cada 10 fogares pobres en Guatemala (destes o 93% están considerados na extrema pobreza), son vítimas do desprazamento interno e a emigración, teñen acceso limitado á terra (e perderon a súa propia terra e os seus recursos naturais) e sofren a marxinación política, social e participativa. Ata o cambio climático ameaza a súa supervivencia. Neste país supón máis da metade da poboación.
Verde e Azul é a contraparte de Intervida en Guatemala e intervén no Baixo Quiché e na área Ixil con proxectos de educación e saúde. Cerca do 90% da poboación do departamento de Quiché é indíxena. A ONG apoia aos Ministerios de Saúde e Eduación no departamento de Quiché, para fortalecer a atención sanitaria e mellorar a calidade dos servizos públicos de educación.
Intervida é unha ONG internacional de cooperación ao desenvolvemento e sensibilización social que actúa localmente coas comunidades para promover o cambio social sostible a través da mellora das condicións de vida das poboacións vulnerables, en especial da infancia, e incide nas causas da pobreza e desigualdades.