Fontes oficiais malíes confirmaron baixo condición de anonimato a liberación dos cooperantes españois Albert Vilalta e Roque Pascual, secuestrados o 29 de novembro por Al Qaeda no Magreb Islámico (AQMI). "Confirmamos a súa liberación", afirmou a fonte oficial malí en declaracións a Reuters, aínda que declinou dar máis detalls.
Tamén a axencia de noticias mauritana Sahara Media confirmou a liberación dos dous integrantes da ONG Barcelona Acció Solidària. Sahara Media cita "fontes do norte de Malí", a rexión na que se supón que permaneceron retidos os dous cataláns. "As fontes aseguran que os dous reféns atópanse aínda en Malí, á espera do seu traslado a Madrid a través dunha terceira parte que estaría exercendo como intermediaria", prosegue o teletipo de Sahara Media.
Os medios de comunicación mauritanos e malíes estiveron especulando nos últimos días coa liberación dos dous cooperantes da ONG Barcelona Acció Solidària debido á extradición de Mauritania a Malí de Omar Ould Sid'Ahmed Ould Hamma, alias 'Omar Saharauí', cidadán malí.
AQMI esixiría a extradición de 'Omar Saharauí' ao seu país como condición para a liberación dos reféns. O presunto integrante de AQMI foi condenado en Mauritania a 12 anos de prisión por ser o xefe da operación na que foron secuestrados os dous españois.



