José Augusto Mendonça Agareso/Bissau.- O número de nenos diagnosticadas co virus VIH/Sida no Hospital de Comura, a poucos quilómetros da capital guineense, Bissau, descendeu relativamente a anos anteriores.
A responsábel do Hospital de Comura, no sector de Prabis, rexión de Biombo, na zona norte do país, revelou que nos últimos dous anos, o número de nenos con problemas de VIH/Sida diagnosticadas nesta unidade hospitalar, diminuíu bastante comparativamente aos anos anteriores.
A irmá Maria Valería Amato, fixo declaracións no ámbito de entrega de donativos de xéneros alimentícios que a Fundación MTN, compañía de telecomunicacións no país, fixo ao Hospital de Cumura, este venres.
De acordo coa relixiosa, que se mostrou satisfeita coa evolución positiva dos tratamentos ambulatórios de persoas infectadas en Cumura, adiantou que, en 2009, das 115 nenos diagnosticadas con VIH/Sida só tres se revelaran positivas, mentres que de Xaneiro a Xuño de 2010, das cerca de 100 nenos inscritos na unidade hospitalar, só dúas tiveran exames médicos positivos.
«É un resultado que nos anima moito, estamos esperançados. Aínda que a procura [de axuda] sexa bastante grande procuramos dar unha resposta a todos aqueles que procuran os nosos servizos», dixo a irmá Valería. Neste sentido, esta missionária fixo un chamamento ás outras institucións sanitarias do país, no sentido de traballaren nas accións de prevencións contra VIH/Sida.
A irmá Valería referiu que, en media, cerca de 800 nenos e 1 200 adultos, doentes con VIH/Sida e 600 pacientes con problemas de tuberculose son seguidos neste hospital todos os meses.
Das persoas atendidas neste centro, a maioría desprázase de Bissau séndolles ofrecido xéneros alimentícios semanalmente en Cumura.