lunes, 23 de agosto de 2010

O Cetmar colaborará no Golfo de Urabá (Colombia) na mellora das artes artesanais e a acuicultura

A Fundación Cetmar participa nun novo proxecto no ámbito da cooperación internacional no Golfo de Urabá (Colombia), onde o centro colaborará cos profesionais desa rexión no desenvolvemento e mellora da pesca artesanal e a acuicultura.

Segundo explicou a Xunta, unha misión técnica organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar, co apoio do Instituto Galego de Formación en Acuicultura, viaxa estes días ao país suramericano para pór en marcha esta iniciativa, que conta co financiamento da Aecid e na que o Cetmar traballa xunto ao Goberno e a Universidade de Antioquía.

O obxectivo xeral deste proxecto, que terá unha duración dun ano, é diversificar as actividades pesqueiras das comunidades de Urabá, "mellorando as súas condicións de traballo a través da formación e do adestramento".

Ademais, pretenden deseñar e pór en funcionamento un modelo de cultivo acuícola sostible e xestionado polas comunidades pesqueiras da rexión.

Na actualidade, a actividade pesqueira que se desenvolve nesta zona de Colombia é de carácter artesanal con escasa capacidade, debido fundamentalmente á falta de investimento e formación nos labores específicos da pesca, talles como a comercialización, a conservación e o dominio das artes de captura do produto.

Entre as accións incluídas no programa do Cetmar está o deseño dun modelo produtivo de cultivo de ostras para ser explotado polas comunidades de pescadores artesanais e a súa posta en marcha cun plan piloto. Así mesmo, porá en funcionmiento un programa de investigación de cultivo de moluscos e fortalcerá o asociacionismo, á vez que tratará de desenvolver un plan de comercialización.