A taxa de pobreza infantil en España é alta e de carácter máis crónico que a pobreza adulta. Parece difícil de crer, pero un de cada catro nenos e nenas en España -24 por cento, segundo Eurostat- sofre algún tipo de pobreza: infravivenda, mala calidade da educación, sanidade ineficiente, desemprego de nais e pais... Con todo, as políticas públicas non conseguiron erradicar estas situacións. É dicir, a pobreza infantil en España é actualmente unha cuestión de sorte: dependendo do barrio onde nazas ou de que a túa familia conserve o emprego, tocarache ou non. É como lanzar uns dados e deixar o teu futuro en mans do azar.
Por iso é polo que a Plataforma de Infancia lance baixo o lema "Xogámonola ou o cambiamos?" unha campaña para mobilizar á sociedade española contra a pobreza infantil e promover accións que contribúan a erradicala.
Datos:
A incidencia da pobreza nos nenos e nenas é un grave problema en Europa, xa que un 19 por cento da poboación infantil vive por baixo do limiar de pobreza. España supera amplamente esta media cun 24 por cento. Ademais, a taxa de pobreza infantil en 2008 é un 28 por cento maior que a da poboación adulta. Outra dimensión importante da pobreza é a súa duración no tempo. O noso país rexistra, xunto con Portugal e Reino Unido, as taxas máis altas de pobreza infantil de carácter crónico (5 anos ou máis) da UE.
Que recomendacións fai a Plataforma de Infancia:
Dar maior peso á pobreza infantil na axenda política contemplándoa de forma especial e coordinada nos próximos Plan Estratéxico Nacional de Infancia e Adolescencia e Plan de Nacional de Acción para a Inclusión Social, segundo conclúe o Informe Complementario ao III e IV Informe de Aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno en España.
A Plataforma de Infancia invita a participar achegando ideas para erradicar a pobreza infantil en España. A intención é reunir o conxunto de iniciativas recibidas e facerllas chegar ao Goberno.
Formas de participar:
- Achega a túa idea en www.noslajugamosolocambiamos.org
- Pídenos unha postal e envíaa coas túas propostas a Plataforma de Infancia (C/Escosura, Local 2. 28005. Madrid)
- Enlaza a nosa páxina e banners na túa web, blog, redes sociais 2.0, mail...
- Descarga os materiais da campaña e organiza un taller para nenos e nenas
O 24% de pobreza infantil supón:
- infravivenda
- mala calidade na educación
- sanidade ineficiente
- desemprego de nais e pais
- malnutrición
- acceso desigual ao auga
XUNTOS TRABALLAMOS POLOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS:
Aldeas Infantiles SOS España • Asociación Centro Trama • Asociación Colectivo La Calle • Asociación Mensajeros de la Paz • Cáritas Española • Comisión Española de Ayuda al Refugiado – CEAR • Confederación de Centros Juveniles Don Bosco de España • Cruz Roja Juventud • Diaconía España • DIDANIA, Federación de Entidades Cristianas de Tiempo Libre • Federación de Asociaciones para la Prevención del Maltrato Infantil – FAPMI • Federación de Asociaciones de Scouts de España – ASDE • Fundación ANAR • Fundación Diagrama • Fundación Esplai, Acción Social, Educación y Tiempo Libre • Fundación Internacional O’Belén • Fundación Meniños • Fundación Menudos Corazones • Fundación Plan International España • Fundación Save the Children • Fundación Theodora • Fundación UNICEF – Comité Español • Fundación World Vision Internacional • Fundación Yehudi Menuhin España • Infancia sin Fronteras • Liga Española de la Educación y la Cultura Popular – LEECP • Movimiento Junior de Acción Católica • Movimiento Scout Católico • Organización Juvenil Española • Plataforma de Organizaciones de Infancia de la Comunidad de Madrid • Proyecto Solidario • Voces para la Conciencia y el Desarrollo • YMCA España • Asociación Andaluza de Centros Católicos de Ayuda al Menor – ACCAM • Asociación MACI • Asociación Navarra Nuevo Futuro • Asociación Valenciana de Ayuda al Refugiado – AVAR • Esplais Catalans – esplac • Federación de Asociaciones de Entidades Colaboradoras de Menores de Andalucía – FAECOMA • Federación INJUCAM para la Promoción de la Infancia y la Juventud • Fundació Plataforma Educativa • Fundación ADSIS • Fundación Balia poer la Infancia •Juventudes Socialistas de España • Kamira. Sociedad Cooperativa de Iniciativa Social • Senda, Movimiento Senda, Desarrollo y Educación España. Senda – MSDE • Taula per la Infància i l’Adolescència a Catalunya.



