A ONG Intervida deu resposta á chamada á solidariedade internacional coa poboación paquistaní coa achega de 200.000 euros a dúas organizacións que traballan na zona afectada polas fortes choivas monzónicas que alagaron de forma catastrófica a zona. O acordo xa foi asinado con Cruz Vermella e fíxose un donativo a favor do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (Unicef), ambas con equipos propios despregados no terreo. Os fondos serán enviados de forma inmediata e destinados principalmente a nutrición, medicamentos e saneamento de auga.
O Plan Estratéxico de Intervida contempla a intervención en operacións de axuda humanitaria urxente tan só en territorios onde traballa e a petición local. No entanto, dada a dimensión do desastre natural, que se cobrou a vida de miles de persoas e segue afectando a entre 15 e 20 millóns de paquistanís que necesitan refuxio, alimentos e asistencia, Intervida decidiu prestar apoio ás vítimas, como fixo en xaneiro en Haití.
As inundacións de Paquistán e o norte da India afectaron especialmente á infancia, xa que uns 8 millóns de nenos e nenas son vítimas potenciais de contraer enfermidades de transmisión pola auga, como o cólera ou a disentería, segundo Unicef. A situación é tan excepcional que ata a propia ONU considerou esta catástrofe como un desastre e unha das maiores probas para a solidariedade internacional. Intervida considerou unha responsabilidade ética e moral brindar o seu apoio.
Sobre Intervida
Intervida é unha ONG internacional de cooperación ao desenvolvemento e sensibilización social que actúa localmente coas comunidades para promover o cambio social sostible a través da mellora das condicións de vida das poboacións vulnerables, en especial da infancia, e incide nas causas da pobreza e as desigualdades.