Coa chegada do verán en Amarante sairemos á rúa das cidades de Compostela e Vigo para dencuniar a existencia de paraísos fiscais e o seu uso indiscriminado por bancos e transnacionais. A pesar das declaracións do G-20 en anteriores xuntanzas nas que se anunciara un maior control dos estados offshore, na declaración de Toronto do 27 de Xuño de 2010 faise evidente a falta de compromiso dos 20 ante este tema.
A actividade está enmarcada na *Campaña de Finanzas Éticas* que Amarante coordina en Galicia e a través da que se pretende denunciar ante a sociedade os abusos da banca convencional que especula cos xuros das persoas aforradoras e recibe grandes cantidades de cartos das arcas públicas para compensar as [uas perdas. Os paraísos fiscais son outro xeito de especulación e de fuga de capitais utilizados pola industria financeira, mentras a maior parte da poboación vive días de austeridade e o aumento do desemprego como futuro máis que posible.
A pesar de que non hai datos exactos sobre o número total de paraísos fiscais, segundo a OCDE e Tax Justice Network a cifra pode ir dende os 40 ata os 72, contando cerca nosa con algúns deles, como por exemplo Gibraltar ou Andorra. Pero non son estas as únicas cifras: o valor das perdas por evasión a paraísos fiscais ascenden a 250.000 millóns de dólares. Mentras o número de persoas en situación de pobreza aumentan de 1000 millóns a 1400 millóns (datos do banco mundial).