O Foro A eficacia das Organizacións da Sociedade Civil Europea clausura dous días de intensa reflexión e intercambio, acentuando a importancia do traballo de incidencia política e o fortalecemento das redes Norte – Sur como principais retos para lograr os compromisos da eficacia da axuda. A Comisión Europea, a Coordinadora Europea de ONG para o Desenvolvemento (CONCORD) e máis de 25 plataformas estatais participaron no encontro.
A segunda xornada do Foro A eficacia das Organizacións da Sociedade Civil Europea no Desenvolvemento puxo o punto final a este evento extraendo unha lectura positiva do espazo de encontro e de reflexión xerado estes dous días no Centro Social de Caixanova de Santiago de Compostela. Os participantes, pertencentes a máis de 70 organizacións da sociedade civil europea, compartiron nos diferentes grupos de traballo e nas sesións plenarias programadas, as críticas, as propostas e os diferentes puntos de vista que suscitaron os seis temas que se abordaron para tratar a eficacia da Axuda en varias das súas dimensións.
Segundo expuxo Eduardo Sánchez, presidente da Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento - España, o foro converteuse ao longo de dous días nun bo espazo de traballo e de intercambio de experiencias no que se comprobaron os diferentes niveis de reflexión das distintas organizacións que conformaron o Foro. Na clausura do Foro, Sánchez fixo fincapé nas conclusións máis destacadas que tiveron lugar nos diferentes grupos de traballo que se celebraron ao longo do día de onte. En materia de transparencia e rendición de contas, Sánchez considerou que os niveis de reflexión das organización estatais avanzaron moito nos últimos anos e tamén a aplicación de estratexias de transparencia. No relacionado coa transversalización do xénero e os dereitos humanos nos proxectos de cooperación internacional, o avance máis importante produciuse en termos teóricos que é preciso trasladar ás accións concretas e na práctica diaria das propias OSC. Finalmente, o presidente da Coordinadora Estatal destacou que o reto principal atópase no eido da incidencia política e no traballo en rede (especialmente Norte-Sur) imprescindibles para fortalecer as intervencións a nivel global.