Os problemas de acceso á auga potable en África son os protagonistas da exposición interactiva "A vida está na auga" que pode visitarse no Centro Comercial Área Central de Santiago de Compostela (c/ París, 7 CULOMBIOS) do 12 ao 23 de xullo.
A través de 16 paneis explicativos e obxectos interactivos, a mostra achegará aos transeúntes a realidade de Malí, onde o 39% da poboación (4,5 millóns de persoas) non ten acceso a auga potable.
A vida está na auga forma parte das accións de Intervida para concienciar á sociedade sobre os problemas de acceso á auga no continente africano. Dende 2009 a exposición visitou algunhas das principais capitais da xeografía española co ánimo de denunciar os problemas de escaseza e calidade da auga en países como Malí, onde moitas persoas, privadas de acceso a auga limpa, consumen e utilizan para a hixiene a auga contaminada de ríos e pozos poñendo en constante risco a súa saúde.
Intervida traballa en Malí para facer chegar a auga ás comunidades. Estes programas céntranse en contribuír á mellora do abastecemento e saneamento básico, en combater a degradación dos ecosistemas acuáticos, e en logar a xestión de riscos naturais, a xestión pública participativa da auga, ou a incidencia en aspectos de saúde, ambientais e educativos.
Intervida é unha ONG internacional de cooperación ao desenvolvemento e sensibilización social que actúa localmente coas comunidades para promover o cambio social sostible a través da mellora das condicións de vida das poboacións vulnerables, en especial da infancia, e incidindo nas causas da pobreza e as desigualdades.