Á hora de contratar a terceiros para a xestión dos servizos sociais, as administracións públicas deben atender a criterios socialmente responsables e garantir espazos para a inclusión de todos os colectivos vulnerables. Tales son as premisas que guían hoxe o “Foro de debate sobre cláusulas sociais e reserva de mercado na contratación pública”, que promove a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia).
Nos últimos anos, o modelo de prestación de servizos sociais está a mudar da subvención á contratación. A raíz deste cambio, as administracións públicas tenden a licitar a xestión destes servizos dando excesivo valor ao prezo, o que afecta negativamente á súa calidade.
A xestión dos servizos sociais adxudícase moitas veces a entidades alleas ao sector social que só ven na mesma unha oportunidade de negocio. Este contexto ameaza, xa que logo, con prescindir do enfoque humano, a experiencia a pé de rúa e os valores de participación cidadá que lles son inherentes ás entidades de acción social.
A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) propón a incorporación de cláusulas sociais na contratación pública, para que esta obedeza a criterios de inclusividade, calidade das condicións laborais, sostibilidade, solidariedade e xestión ética.
Asemade, a rede propón a aplicación da reserva de mercado –porcentaxe mínima de contratación‐ para todos os colectivos en risco de exclusión social, xa que actualmente só rexen para o colectivo de persoas con discapacidade.
Tanto as cláusulas sociais como a reserva de mercados protexidos son instrumentos que contribúen á inserción sociolaboral das persoas e colectivos máis vulnerables da sociedade. Trátase dunha liña de políticas activas de emprego propia dun modelo de desenvolvemento económico social e sostible.
Taula d’Entitats
A Taula d’Entitats del Tercer Sector en Catalunya compareceu a este foro como rede convidada. Durante a xornada matinal, os seus membros Josep Serrano e Belén Castán disertaron sobre “O valor engadido do Terceiro Sector na prestación de servizos públicos” desde a experiencia acumulada pola Taula.
Belén Castán destacou que “as entidades do Terceiro Sector Social non son meras prestadoras de servizos, senón que teñen un papel moi importante na economía e traballan por vehicular a voz das persoas máis vulnerables”. A xuízo da poñente, estas organizacións “detectan necesidades emerxentes, son xeradoras de valores e crean capital social e riqueza que retorna os beneficios á sociedade”.