“Claramente insuficientes”. Con estas palabras valoraba Xosé María Torres, presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD), a recente concesión de 4,5 millóns de euros en axudas para actividades de cooperación internacional, por parte da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, un departamento dirixido en primeira instancia polo Conselleiro de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda.
“Houbo un total de 151 solicitudes e unicamente foron financiadas 43” declarou Torres trala reunión da Directiva da CGONGD, que fixo unha análise das resolucións. O alto número de solicitudes, afirma Torres, “reflexa o aumento das necesidades que a crise global está provocando nos países pobres, pero esta realidade non é valorada pola Xunta de Galicia”.
Outro dos aspectos destacados da resolución, está a altísima concentración dos fondos en Latinoamérica: só se financiará un proxecto en África (concretamente en Mozambique) a pesar de ser o continente onde se concentra o maior índice de pobreza; e non se aposta pola posta en marcha de ningunha actuación en Asia.
A Coordinadora Galega de ONGD critica ademais que un importante número de proxectos foron aprobados pero, en cambio, quedaron sen axudas por esgotamento do crédito orzamentario. A Xunta “debe aplicar xa as previsións do II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013”, aprobado o pasado 16 de xuño por unanimidade no Parlamento de Galicia, esixiu Torres. E iso significa que o orzamento comprometido pola Xunta comprendido entre os 17 e os 22 millóns de euros anuais antes de finalizar 2013 teñen que incorporarse paulatinamente nos orzamentos da cooperación galega.
Este ano 2010 só se destinaron 9,7 millóns de euros, tres millóns menos que en 2008, ano no que o bipartito PSOE-BNG concedeu 12,8 millóns de euros.
Compre lembrar que na actualidade a Xunta de Galicia é o goberno autonómico que menos esforzo fai en materia de cooperación xa que só destina o 0,09% do seu orzamento, cando indicadores coma a porcentaxe de paro, a evolución do PIB, etc. amosan que Galicia é unha das autonomías que menos se veu afectada pola crise no estado español.