martes, 27 de julio de 2010

Finaliza en Nova York a primeira rolda de negociacións relativa ao Tratado sobre o Comercio de Armas

Alberto Estévez, miembro de Amnistía Internacional (AI) Vigo, ha trabajado durante las dos últimas semanas como Coordinador de Lobby de la Delegación Internacional de AI en la ONU.

Transcorrida a metade do tempo asignado ás conversacións preliminares relativas ao Tratado Internacional sobre o Comercio de Armas, os negociadores presentaron hoxe un proxecto de elementos e principios do futuro tratado. Entre eles inclúense principios que, de aplicarse, prohibirían os suministros internacionais de armas aos responsables de graves violacións de dereitos humanos e a lugares onde exista perigo de que agraven a pobreza e aviven os conflitos. A alianza Armas baixo Control expresou satisfacción polos avances, pero tamén mostrou a súa preocupación ante a falta de transparencia do proceso da ONU. Pola súa parte, a sociedade civil afirma que, para protexer a vida das persoas, o Tratado debe ser “a proba de balas”.

“Aínda que queda moito por facer para pormenorizar un futuro Tratado sobre o Comercio de Armas (TCA), a maioría dos Estados recoñeceron claramente a necesidade de que o tratado reduza o sufrimento humano causado pola inexistencia de normas globais e polas transferencias ilícitas de armas”, afirmou María Pía Devoto, de APP Arxentina.

Outro proxecto de principios defendido por numerosos Estados impediría os suministros de armas internacionais que contribuísen aos conflitos armados, os crimes de guerra, a delincuencia organizada e o terrorismo.

Tal e como declarou Estévez: “Necesitamos un Tratado que inclúa todos os tipos de armas, desde as armas pequenas ata helicópteros e tanques, así como os seus municións e compoñentes. E necesitamos procedementos comúns para que todas as transferencias de armas internacionais sexan obxecto dunha avaliación rigorosa, a fin de mantelas afastadas das mans dos responsables de abusos contra os dereitos humanos e de lugares onde agravarían os conflitos e o sufrimento humano”.

O feito de que algunhas das reunións sustantivas estean pechadas ás ONG converteuse nun aspecto polémico das conversacións da ONU. A alianza Armas baixo Control manifestou que se tratou dunha decisión inesperada do presidente e pediu que as futuras sesións sexan máis abertas e transparentes.

“O mundo está un pouco máis preto de contar cun Tratado que fará que belicistas e responsables de abusos contra os dereitos humanos teñan máis dificultades para conseguir armas e municións. Agora fai falta que os Estados sigan traballando de cara á próxima reunión da ONU sobre o TCA en marzo de 2011, para garantir que elaboran un Tratado ‘a proba de balas’ que salvará e protexerá vidas e medios de gañarse o sustento”, afirmou Anna MacDonald, directora da campaña Armas baixo Control de Oxfam.