Intervida abre unha nova delegación en Galicia co obxectivo de achegarse aos seus padriños/ás, socios/ás colaboradores/ás e á sociedade galega en xeral. Deste xeito, a ONG normaliza unha relación que pretende ser o máis próxima posible coa sociedade civil, as institucións públicas e os medios de comunicación galegos, dotando a delegación de autonomía plena para unha xestión eficaz.
Para Intervida é un obxectivo básico o arraigamento territorial e a proximidade para fomentar unha boa relación cos colaboradores da entidade, compartindo con eles os anhelos que moven os nosos proxectos, ideas e accións no amplo campo da cooperación e a educación para o desenvolvemento.
Á fronte da delegación sitúase Mónica Viqueira, diplomada en Relacións Públicas e Publicidade, con experiencia previa no ámbito comunicativo e de mercadotecnia social. A súa misión será dinamizar o voluntariado galego e desenvolver políticas e accións propias de educación para o desenvolvemento.
A ONG suma así unha nova sede ás existentes en Cataluña, País Vasco, Madrid e Andalucía e consolida o seu proxecto de aproximarse aos seus socios e colaboradores e reflectir, na súa forma de actuación, a pluralidade cultural, política e social propia do Estado.