Intervida dobra a súa acción social en India grazas a un acordo de colaboración coa OMS.
Trátase dun proxecto de desenvolvemento infantil para menores en contextos de pobreza nos estados de Maharastra, Hariana e Rajastán. Actualmente uns 200 millóns de nenos e nenas en todo o mundo non alcanzan o seu desenvolvemento potencial, segundo a OMS. O obxectivo é promover o pleno desenvolvemento na primeira infancia. Para iso deseñáronse un conxunto de intervencións coas que se formará de xeito continuo aos adultos que están en contacto con estes nenos, xa sexa pais, nais, traballadores da comunidade ou profesionais da saúde. Ensinaráselles a mellorar as prácticas alimentarias, a reafirmar os lazos e o afecto entre pais e fillos e a previr enfermidades. Tamén se traballará a atención afectiva e a estimulación temperá a través do xogo e a comunicación.
As dúas organizacións pretenden dar apoio a todos os nenos, nenas e mozos, pero en especial aos que viven na pobreza ou sofren desnutrición, dous factores que, de non ser evitados, implicarán que non alcancen o seu pleno potencial e un normal desenvolvemento na súa vida adulta. Este proxecto pretende dar outra oportunidade aos nenos e as nenas que polo mero feito de nacer en contextos de pobreza teñen menos oportunidades de desenvolvemento, tanto físico como socioemocional.
Conseguir que os nenos e as nenas crezan sans, desenvolvan todo o seu potencial humano e se beneficien de máis oportunidades na vida é un dos obxectivos nos que Intervida traballa día a día a través dos seus proxectos de desenvolvemento nas comunidades nas que actúa.